Skip to Content

Reserva de praza/Admisión/Matrícula

ASIGNACIÓN DE PRAZA NO IES DE VILALONGA curso 2021/2022

Mércores 24 de febreiro de 2021

TODOS os alumnos/as de 6.º de Primaria que presentaron a solicitude de reserva para o I.E.S. de Vilalonga obtiveron praza. Deberán fomalizar a matrícula no propio instituto nas datas que indiquen desde o centro (normalmente principios de xullo).

**Os alumnos/as que opten por outro instituto diferente teñen que presentar a solicitude de admisión entre o 1 e o 22 de marzo.

 

OFERTA DE VACANTES CURSO 2021/2022

Xoves 25 de febreiro de 2021

A continuación poden consultar as VACANTES dispoñibles

para o curso 2021/2022:

  • 4.º Infantil: 22 + 3 (NEAE)
  • 5.º Infantil: 17
  • 6.º Infantil: 9
  • 1.º Primaria: 11 + 3 (NEAE)
  • 2.º Primaria: 12
  • 3.º Primaria: 13
  • 4.º Primaria: 19
  • 5.º Primaria: 6
  • 6.º Primaria: 10

A información tamén está dispoñible nos documentos adxuntos e no taboleiro de anuncios do colexio.

Poden consultar e descargar a lexislación que regula o proceso de admisión nos documentos adxuntos ou premendo nos seguintes enlaces:

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

Martes 23 de febreiro de 2021

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso académico 2021/2022 será do

1 ao 22 de marzo de 2021

Este prodecemento só afecta ao alumnado novo que desexe cursar os estudos no noso centro:

  • Nenos/as que comezan 4.º Infantil (nacidos no ano 2018).
  • Alumnos/as de calquera curso de Infantil ou Primaria que cambian de colexio.

Os alumnos/as que xa están no centro non teñen que facer ningún trámite.

En breve subiremos información ao respecto.

IMPORTANTE!!!: O alumnado de 6.º curso de Primaria que NON presentou a reserva de praza para o I.E.S. de Vilalonga, ao cal estamos adscritos, deberá realizar a admisión no instituto no que desexe continuar os seus estudos.

 

RESERVA PRAZA 2021/2022

Venres 8 de xaneiro de 2021

Desde o luns 11 de xaneiro está aberto o prazo de reserva de praza para o curso 2021/2022.

A QUEN VAI DIRIXIDO?:

Só para o alumnado de 6.º de Primaria que vai cursar os seus estudos no I.E.S. de Vilalonga, por tratarse do noso instituto de adscrición.

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE PRESENTAR E COMO?:

O anexo ED550A debidamente cumprimentado. Entregarémolo o luns ao alumnado, pero tamén poden descargalo nos documentos adxuntos e/ou no enlace inferior.

Poden cubrir e presentar a solicitude de 3 formas:

  1. Cubrila manualmente e presentala no noso centro.
  2. Cubrila na aplicación e presentala no noso centro.
  3. Cubrila na aplicación e presentala na Sede Electrónica, para o que precisarán a Chave365 ou certificado dixital.

(premer aquí para acceder e consultar máis información)

A data límite para presentar as solicitudes no centro é o venres 29 de xaneiro.

IMPORTANTE!!!: Os alumnos/as que opten por outro instituto diferente non teñen que facer a reserva agora. Deberán cubrir a solicitude de admisión no instituto escollido entre o 1 e o 20 de marzo.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

ADMISIÓN

 2021/2022

 Prazo:

 do 1 ao 22 de MARZO DE 2021

                                SÓ PARA O NOVO ALUMNADO                            

 

 A QUEN VAI DIRIXIDO?

 O prazo de admisión vai dirixido a:

  • Nenos/as que comezan a escolaridade en 3 anos (4.º Infantil), nacidos no ano 2018.
  • Alumnos/as que cambian de centro.

Os alumnos/as que actualmente están matriculados no centro, e que continúen no mesmo o vindeiro curso, non deberán formalizar ningún trámite.

O alumnado de 6.º de Primaria que non vai ir ao I.E.S. de Vilalonga, deberá presentar a solicitude de admisión no instituto no que vaia cursar os seus estudos.

 CANDO E COMO FAGO A MIÑA SOLICITUDE?

Distribuir contido


by Dr. Radut