Skip to Content

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022

ADMISIÓN

 2021/2022

 Prazo:

 do 1 ao 22 de MARZO DE 2021

                                SÓ PARA O NOVO ALUMNADO                            

 

 A QUEN VAI DIRIXIDO?

 O prazo de admisión vai dirixido a:

  • Nenos/as que comezan a escolaridade en 3 anos (4.º Infantil), nacidos no ano 2018.
  • Alumnos/as que cambian de centro.

Os alumnos/as que actualmente están matriculados no centro, e que continúen no mesmo o vindeiro curso, non deberán formalizar ningún trámite.

O alumnado de 6.º de Primaria que non vai ir ao I.E.S. de Vilalonga, deberá presentar a solicitude de admisión no instituto no que vaia cursar os seus estudos.

 CANDO E COMO FAGO A MIÑA SOLICITUDE?

O prazo de presentación da admisión abrangue desde o día 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos incluídos. 

Deben entregar toda a documentación debidamente cumprimentada na Secretaría do centro ou presentala na Sede Electrónica. Para consultar máis información cliquen AQUÍ.

 QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE ENTREGAR?

Poden recoller no colexio o sobre con toda a información e documentación ou descargala nos documentos adxuntos.

  1. ANEXO II debidamente cuberto, con números e letras que se entendan ben: poden descargalo desde AQUÍ ou nos documentos adxuntos.

  2. Fotocopia do DNI do pai, da nai (ou representantes legais) e do neno/a (se o ten).

  3. Fotocopia do Libro de Familia completo (todas as páxinas que estean escritas).

  4. Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2018). Deben solicitado na Secretaría do centro educativo no que estea cursando estudos na actualidade.

  5. Formulario de elección de Relixión ou Atención Educativa/ Valores.
  6. Outra documentación (se fose o caso): discapacidade, separación, custodia...

A solicitude deberá ser asinada pola nai e o pai, ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores legais asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o seu cotexo polo centro educativo.

 RESOLUCIÓNS DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS:
  • Listaxes provisionais: publicaranse antes do 25 de abril.
  • Listaxes definitivas: publicaranse antes do 16 de maio.
 AÍNDA TEÑO DÚBIDAS. ONDE PODO PREGUNTAR?

 Poden resolver calquera dúbida referente á admisión:

  • Na Secretaría do centro.
  • Chamando ao teléfono do colexio 886.15.16.69

   HORARIO DE SECRETARÍA

 (prégase se axusten na medida do posible)

 LUNS, MÉRCORES E XOVES de 09:30 a 10:15 h.

LUNS, MÉRCORES E VENRES DE 13:20 a 14:15 h.

Nos documentos adxuntos dispoñen de toda a lexislación que regula o procedemento e dos anexos e formularios necesarios.

 

AdxuntoTamaño
orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision(1).pdf1.03 MB
ode_25xan2017_admision.pdf709 KB
decreto_254_2012_admision_en_centros.pdf593.29 KB
AnuncioG0598-211220-0001_gl.pdf441.77 KB
ED550B-G_2021_2022.pdf683.94 KB
ED550B-C_2021_2022.pdf686.46 KB
formulario_eleccion_relixion_valores.pdf129.59 KB


page | by Dr. Radut