ÁFRICA ACHÉGASE ATA A CAPELA

 

            O sábado, 18 de Xuño de 2016, tivemos a sorte de contar por primeira vez, e durante todo o día, na nosa escola, cun grupo de persoas africanas. Achegáronse uns corenta representantes da comunidade de Cabo Verde, residentes en Burela.

         Foi unha actividade programada polo Proxecto Brinquedos, actividade presente na escola desde hai dez anos, que tén por obxectivo educar en valores por medio dos xogos tradicionais.

         Durante o curso, o noso alumnado traballou investigando sobre a xeografía, historia, tradicións, gastronomía e o patrimonio lúdico dese país africano.

         Durante esa xornada houbo unha convivencia entre profesorado, nenas, nenos e familias da Capela, así como persoas de Cabo Verde residentes en Burela.

         Pola mañá realizouse un intercambio de xogos dos dous países e unha mostra de cancións e bailes das dúas comunidades. Á hora de xantar convidamos no noso comedor escolar ás persoas asistentes de Cabo Verde. Posteriormente realizouse unha visita guiada á colección de xogos e xoguetes “Brinco”, que temos na nosa escola. Finalizamos o día con outra visita dirixida, no Museo etnográfico da Capela.

             Agradecemos a desinteresada participación desas mulleres, homes, nenas e nenos de Cabo Verde, así como a presenza do noso profesorado, dos nosos nenos e nenas e das familias que estiveron presentes ao longo da xornada. 

 

 

 

NOVO TELÉFONO DO CENTRO

NOVO TELÉFONO DO CENTRO: CONSERXERÍA E SECRETARÍA - 881938153

LISTADO DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2016/2017

A continuación detállase o listado de material escolar para o próximo curso 2016/2017. En breve se irán incorporando o niveis que faltan.

MATERIAL PARA PRIMEIRO CURSO

MATERIAL PARA QUINTO CURSO

MATERIAL PARA SEXTO CURSO

LISTADO DE LIBROS (OLLO EN INFANTIL, MATEMOLA NON. A mestra de infantil xa comunicou esta nova ás familias telefonicamente.

RESULTADO DA VOTACIÓN SOBRE A XORNADA CONTINUA

O resultado das votacións celebradas no día hoxe, martes 14 de xuño de 2016,  para a nova xornada continua foi o seguinte:

- Votos a favor _ 50

- Votos en contra _ 13

MARTES 14 de xuño, VOTACIÓNS PARA A XORNADA LECTIVA

O próximo martes 14 de xuño, en horario de 9.00h a 17.00h, celebraranse as votacións para a elección da nova xornada lectiva. O lugar das votacións será o Telecentro/Biblioteca.

APES AGASÁLLANOS CON CATRO BICIS SOLIDARIAS

APES (Asociación para a prevención da exclusión social) vén de agasallar á nosa escola con catro bicicletas solidarias, que serán utilizadas nos recreos polos nenos e nenas de Educación Infantil.

Puxeron en marcha un proxecto ( "Cadeas solidarias"), no que un grupo de reclusos  do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar recuperou un lote de 20 bicicletas que 

 Desde o CEIP Mosteiro de Caaveiro agradecemos esta oferta, baseada nun traballo real,  en cadea, con protagonismo da escola, da prisión, da administración pública, da entidade social e da comunidade.se atopaban en mal estado. Contaron coa colaboración de voluntariado de centros escolares de Ourense.

 

 

 

 

 

REUNIÓN INFORMÁTICA SOBRE A NOVA XORNADA LECTIVA

Comunícase que o próximo mércores 8 de xuño, ás 15.30h. a dirección deste centro celebrará unha reunión informativa con todas as familias do centro para aclarar posibles dúbidas sobre a nova xornada.

CENSO PARA AS VOTACIÓNS DA NOVA XORNADA

Publícase o censo de pais, nais ou titor/as que poderán participar na votación da nova xornada lectiva o próximo martes 14 de xuño, entre as 9.00h. e as 17.00h. Tamén queda exposto no Taboleiro de anuncios do centro para a súa consulta. Disponse de cinco días de reclamacións.

Para consultar o censo online, picar aquí.

INFORMACIÓN PARA A POSIBILIDADE DE APROBAR A XORNADA CONTINUA PARA O CURSO 2016-17

 

REQUISITOS

 

1. Acordo do consello escolar, por maioría dos tres quintos dos seus membros.

2. Acordo do claustro de profesoras e profesores por maioría dos tres quintos dos seus membros.

3. Informe favorable do Servizo de Transportes da delegación provincial.

4. Acordo favorable do 58 % do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado. Para os

efectos de establecer o total do censo, computaranse a nai ou o pai ou un dos titores legais do

alumnado da etapa en que se pretende cambiar a xornada.

5. Plan específico de actividades extraescolares.

 

 

HORARIO QUE SE PROPÓN:

 

 

O horario lectivo que se propón é de 9:30 a 14:30

O profesorado cumprirá co resto do seu horario de permanencia no centro por quendas,

en horario de tarde, posibilitando que o Centro e as súas instalacións permanezan abertas

para a realización das actividades extraescolares programadas, de 15:30 a 17:30.

 

 

PROXECTO (clicar para abrir o documento)

HORARIO MES DE XUÑO

Comunicamos a todas as familias do centro que a partir do vindeiro mércores 1 de xuño, empezaremos co horario de verán.

Igual que no mes de setembro, será xornada continuada con servizo de comedor, quedando o horario do seguinte xeito:

- Horario de clases: 9.30 a 14.20h.

- Horario de comedor: 14.20 a 15.15h.

O transporte pasará polas paradas pola mañá 15 minutos antes, e á tarde unha hora antes do horario habitual.

 

Como a hora do xantar se atrasa, poden traer unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

Distribuir contido