Educación infantil
NOTA INFORMATIVA
Ola familias!
Esta será a nosa canle de comunicación durante estes días. Aquí o equipo de educación infantil vai ir engadindo diferente material, recomendacións e páxinas de interese. Cada familia debe seleccionar o contido subido segundo o curso no que estean os vosos fillos/as, para iso vamos poñer xunto ó material a clase para a que está indicado: 4º infantil (3 anos), 5º infantil (4 anos) e 6º infantil (5 anos), cando non poñamos nada é para todo o alumnado.
Así mesmo, os diferentes especialistas que imparten docencia en infantil tamén engadirán material, o cal podedes consultar nos seguintes lugares:
PSICOMOTRICIDADE: os mestres que imparten psicomotricidade subirán todo o material ó blog de educación infantil(aquí) e tamén podedes consultar o blog do centro: https://ceipdemonforte.blogspot.com/. Atoparedes recomendacións de exercicios, alimentación saudable, cancións, relaxación, …
INGLÉS: o mestre subirá todo o material a través do blog de infantil.
RELIXIÓN CATÓLICA: a mestra subirá o material no propio blog de infantil.
PEDAGOXÍA TERAPEUTICA: o material de PT será enviado por correo electrónico ó alumnado que conta con estas sesións ó longo do curso.
AUDICIÓN E LINGUAXE: engadiranse recomendacións e diferente material ó blog de infantil.
Por outra banda, para comunicarse coas titoras podedes empregar abalar ou os seguintes correos electrónicos:
Uxía Cortés (4º Educación Infantil – 3anos): ucveducacioninfantil@gmail.com
Montserrat Novelle (5º Educación Infantil – 4 anos): profemontsecolenovo@gmail.com
Goretti Díaz (6º Educación Infantil – 5 anos): profegoretti@hotmail.com
Un saúdo,
O equipo de educación infantil
Proposta de actividades de psicomotricidade
Enviado por oscargf o Ven, 03/27/2020 - 12:43
7.- Finalmente, si disponéis de espacio donde realizarlo, podéis dedicar unos minutos cada día a realizar un poco de ejercicio, de forma sencilla y siempre en función de vuestra disponibilidad. El objetivo es que los niños/as puedan disponer de tiempo para liberar energía y desarrollar sus habilidades básicas, de forma lúdica y motivante para ellos. Os pongo un vídeo donde podréis ver ejemplos de actividades que se pueden realizar en casa con objetos cotidianos.
Concurso Chuzos
Ola familias!!
Nas nosas aulas temos grandes artistas, por iso vos enviamos este carteliño para que lle botedes unha ollada.
É un concurso que convoca a imprenta Chuzos de Monforte (xa neste curso participamos noutro e tivemos algún que outro premiado). A temática é libre, podedes empregar diferentes materiais e logo tedes que enviar unha fotografía do mesmo por Whatsapp ó seguinte número: 646978090. Tedes todo explicado no cartel e senón podedes entrar no seu facebook: Chuzos Papelería Imprenta.
Animámosvos a que o alumnado participe e así pasar un ratiño divertido!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »