Blog 2º A

English activities (tarefa 3)

 

Moi boas de novo! seguimos repasando un pouquiño. Neste a caso a unidade 3 a través da roupa

 

Clothes and seasons!

 

Steps to follow:

 

Vocabulary review (premendo na ligazón, veredes un video de repaso de vocabulario. En adxuntos o primeiro arquivo é un glosario de vocabulario para repasar algunhas das prendas que traballamos).

 

Read and write ( arquivo adxunto onde teredes que completar coa prenda de roupa correspondente. Podedes colorear cada prenda como máis vos guste)

 

Song! "put on your shoes" (escoitade e cantade esta canción tan chula que recordaredes da clase)

 

Story time! Where is my coat? (Tiger, Sue e Lee seguen a facer das súas no cole!)

TODO VA A SALIR BIEN. ACTIVIDAD PLÁSTICA

Hola, desde la asignatura de plástica; dejamos un dibujo de uno de los símbolos que están representando este momento: un arcoiris, con la frase: Todo va a salir bien.

Aquellos que tengan impresora pueden, directamente imprimirlo para colorear; y quienes quieran, pueden tenerlo de referente para hacer un dibujo ellos mismos.

Animamos a todos a colocarlo en alguna ventana, para dar un poco de alegría y esperanza a todos!

 

English activities (tarefa 2)

 

Hello everyone!

Seguimos repasando a unidade 4, neste caso, traballaremos un pouquiño a escoita.

 

Free time! (steps to follow)

 

1º Download and print your phonic's worksheet. (podédela descargar premendo no link ou en adxuntos)

1- Rodeade a palabra que escoitedes e repasade co lápis os sons ("a" e "ay")

2- Completade o oco que falta coa palabra correspondente

 

2º Get your audio ready (Tamén en adxuntos, atoparedes cada un dos audios para completar a actividade)

 

3º Do you remember Sue, Tiger and their friends playing cards at school? Watch and listen the story Break time!

 

*Recoméndovos que cando abrades un arquivo ou premades nunha ligazón, o fagades sempre nunha pestana nova (facendo click co botón secundario do rato) deste xeito non teredes que estar entrando e saíndo da páxina continuamente)

 

See you soon! 

COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS DE 2ºA

A través deste documento, o que se pretende é informar ás familias de qué ferramentas serán empregadas para establecer tanto unha comunicación co centro como para subir próximas tarefas que lles serán encomendadas ao alumnado.

COMUNICACIÓN

Para os avisos puntuais, dúbidas de exercicios ou calquera consulta que sexa necesaria, empregarase o grupo de whatsapp do que forman parte a titora e as familias de 2ºA.

¿Qué pasa se temos dúbidas de música inglés, relixión, plástica ...?

Se os mestres/as especialistas queren dar algún aviso, a titora fará chegar a mensaxe a través do grupo de whatsapp.

Por outra banda, se algunha familia ten dúbidas ou quere dar algún aviso aos mestres especialistas farase tamén a través do grupo de whatsapp. A titora faralle chegar a mensaxe ao mestre oportuno e, posteriormente, darase a resposta, de novo, polo grupo de whatsapp.

  

 ENVÍO DE TAREFAS

Blog 2ºA:  Atoparase na páxina web do colexio, onde indica a frecha  vermella ou premendo no seguinte enlace Þ   Blog de 2ºA

Neste blog subiranse as tarefas de: Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais, Lingua Galega, Lingua Castelá, Plástica, Inglés, Valores e Relixión.

Aula virtual do centro: poderase acceder desde a web do centro onde indica a frecha vermella da imaxe da dereita, ou tamén premendo no seguinte enlace ÞAula Virtual Ceip Plurilingüe de Monforte

En ambos casos se accederá como convidados.

 

Á aula virtual subiranse tarefas de Relixión e de Música. A maiores, ambos mestres tamén poderán subir tarefas aos blogs correspondentes da súa área:

 

Blog de Música e Blog de Relixión: entrando desde a páxina web do centro, onde sinala a frecha vermella ou, directamente, dende os seguintes enlaces Þ  Blog de música    Þ Blog de Relixión

 

Blog de Educación Física:  Atoparase na páxina web do colexio, onde indica a frecha vermella da imaxe da dereita, ou tamén  premendo no seguinte enlace ÞEducación Física.

Neste blog subiranse recomendacións, consellos ou calquera outro contido relacionado coa área de Educación Física.

English activities (tarefa 1)

Moi boas.

Subirei por aquí, dentro do blog de cada aula, tarefas de Inglés relacionadas co temario que fomos dando ao longo do curso. 

 

Free time activities (tarefa a levar a cabo)

 

1º VOCABULARY REVIEW (watch and listen) hobbies and interests

2º WORKSHEETS (premer nos ficheiros adxuntos, trátase de dúas fichas para repasar) 

3º STORY (watch and listen) Ping and Pong

4º SONG ( listen and sing) Free time song

 

DEBUXO DE YASMÍN 2º A

DEBUXO DE CELTIA 2ºA

TARTA DE COCO DE GERMÁN 2º A

RECEITA DE LICOR CAFÉ DE ANA COSTA 2º A

Distribuir contido