XA ESTAMOS DE VOLTA!
Ola familias!
Estamos xa de volta por aquí para contarvos algunhas cousas que foron pasando na Aula dos Planetas.
Comezamos setembro, traballando o DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO, unha proposta artística que se debe a Peter H. Reynolds, autor do conto do mesmo título "EL PUNTO". Dita celebración nace co obxetivo de animar ás persoas de todas as idades a aproveitar a súa creatividade, e nos, non íamos a ser menos.
Aquí tedes un resumo das nosas obras artísticas dedicadas a este conto.
Chegou o outono, e decoramos a nosa aula cunha manualidade moi bonita, que fixemos coa axuda de garfos.. quedounos xenial, verdade?
Un día cando chegamos á nosa aula, había unha caixa misteriosa, na que encontramos unha fotografía dunha muller, moitos gomets de círculos de diferentes cores e un nome que poñía Yayoi Kusama. Como nos sabíamos quen era, pedimos axuda as familias, e descubrimos moitas cousas, que estamos a recoller nun libro, e grazas a esa información convertémonos en auténticos Yayoi Kusamas, e empezamos a recrear diferentes obras desta pintora.
En outubro, chegou a gran festa do Samaín, e como xa é habitual desfrutamos dunha festa terrorífica onde poidemos xogar en direfentes rincóns como; mesa de luz, mesa sensorial, búsqueda da palabra secreta, zona de luces, zona de arte , etc. Como era de esperar, pasámolo en grande.
E para rematar a festa sacamos fotos nun photocall que fixo unha familia da aula de 5 años, que era precioso.
Como vedes pasaron moitas cousas na nosa aula, e seguirán pasando, así que pronto nos veremos de novo por aquí.
Ata aquela, un saúdo enorme.