Cousas que nos quedaban por ensinar!

Co axetreo dos últimos días antes das vacacións de Nadal non vos ensinamos o que estivemos argallando pola clase. Aquí vos deixamos unhas fotos de algunha das cousas que fixemos.

 

Primeiro estivemos pintando un reno e unha árbore de nadal para empregar nunha sesión de psicomotricidade coa profe Noelia. 

              

    

     

    

  

 

Unha vez rematados deixámolos secar e ao día seguinte adornámolos, e como? Pois a profe Noelia montounos un circuíto en psicomotricidade e ao rematar de facelo tiñamos que coller luces para poñerlle nos cornos ao reno. Para adornar a árbore tiñamos que coller a bola que tivese o noso nome. E mirade que chulos nos quedaron!

      

  

 

Tamén estivemos facendo unhas postais para felicitar estas datas e un adorno para colgar na árbore das nosas casas.

        

      

 

Para facer as postais, primeiro coloreamos a árbore e logo adornámola empregando témperas e corchos. Para escribir a mensaxe empregamos selos de letras e tamén selos con debuxos de nadal.

 

 

     

 

      

 

Traballando coa plastilina fixemos figuriñas de nadal, mirade que ben o fixemos e canto nos gustou!

      

 

Outra cousiña que nos gustou moito facer foi IOGA DE NADAL. Fomos árbores, renos, bonecos de neve,... Estamos comezando, pero xa lle damos moito xeito!

    

    

    

 

Tivemos a visita de Papá Noel!!! A algún deunos algo de medo cando entrou pola porta e outros según o vimos fomos correndo a xunto del entregarlle a carta.

   

Outra visita que tivemos e que nos encantou foi a do Mago Lolo! Estivemos moi atentos aos diferentes trucos de maxia que fixo. Nalgún momento precisou da nosa axuda para poder facer os trucos e algunha marchou para a casa con sombreiro e bolso novos!

   

      

 E para rematar fomos sacar unha foto todos xuntos cunhas orelliñas de reno ao porche, que estaba todo decorado! 

Espero que pasárades unhas felices festas e que o 2021 traia saúde e normalidade para todos!

 

Estade atentos ao blogue que temos moito que aprender este trimestre. Comezamos!