Día Mundial do Medio Ambiente

                                                      

 

 

Vemos un vídeo? Risa

Ola rapaces e rapazas!!  Sorriso

 Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente.

Este día foi establecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1974 para sensibilizarnos con todos os temas relacionados co medio ambiente e o seu coidado, a biodiversidade e a súa protección, o desenvolvemento sostible... Escolleron esta data porque o 5 de xuño de 1972 celebrouse a Conferencia de Estocolmo, a primeira gran conferencia sobre temas medioambientais.

Cada ano un país convírtese en anfitrión. España foi no 2004 co lema "¡Se buscan! Mares y Océanos - ¿Vivos o Muertos?".

Este ano o tema é a Biodiversidade, é dicir, a variedade de seres vivos do planeta. A biodiversidade é a base de toda a vida na Terra e, sen ela, a saúde humana queda comprometida. Auga limpa, aire puro, alimentos nutritivos... todo depende dela.

Hai moitas cousas que nós non podemos facer polo medio ambiente porque non están nas nosas mans, pero hai moitas que si. Pequenas cousas do día a día, pequenos grauciños de area que axudarán ao noso planeta, como cerrar a billa mentres fregamos os platos, nos enxabonamos ou cepillamos os dentes; facer uso das 3R (reducir, reutilizar e reciclar); apagar as luces cando non sexan necesarias; non tirar lixo ao chan; reducir o consumo de plásticos... Vivimos nun lugar marabilloso chamado Terra, COIDÉMOLA ENTRE TODOS!

 

Déixovos este vídeo sobre a importancia do medio ambiente para a vida e as consecuencias se non o coidamos. Premede no link! 

 https://www.youtube.com/watch?v=t2EGEAuQtqc 

 Espero que vos guste! Sorriso