Día das Letras Galegas 2020

 

Ola de novo!

 

Como vedes esta semana temos moito que celebrar. Este domingo é o Día das Letras Galegas!

 

Este ano dedícaselle a Carballo Calero, e os nosos amigos Os Bolechas van contarnos algo del neste conto tan chulo.Pinchade nesta ligazón: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero

 

Se vos apetece xogar un pouco, aquí tedes un xogo sobre as Letras Galegas: https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

 

E...non podía faltar unha canción! Unha canción que fala sobre o galego.

 

Que vos parece se decorades a vosa palabra favorita en galego? Colledes papel e poñer a imaxinación a traballar! Unha das nosas favoritas sabedes cal é? AXÓUXERE! 

 

E dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propóñennos o seguinte:

 

Primeiro ver este video:

Logo tedes que facer un debuxo sobre o conto ou de Carballo Calero empregando o material que queirades (rotuladores, témperas, collage...).

E para rematar enviar a vosa obra de arte á titora, xa que as máis bonitas serán colgadas na páxina web do cole!

 

Se queredes traballar algo máis sobre as Letras Galegas podedes entrar no blog da biblioteca. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/node/2100

 

Aburiño!