Día das Letras Galegas 2020
Ola rapaces e rapazas!
Como xa sabedes, este domingo é o Día das Letras Galegas.
Esta celebración foi establecida pola Real Academia Galega en 1963 para homenaxear a aquelas persoas que destacasen polas súas obras en galego ou pola defensa da nosa lingua. Cada ano dedícase a unha persoa diferente escollida pola academia, pero hai unha condición, teñen que pasar dez anos dende o seu falecemento.
A data de celebración é o 17 de maio. Escollérona porque ese mesmo día en 1863 publicouse o primeiro exemplar da obra de "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro que marcou o renacemento cultural do galego, coñecido como Rexurdimento.
Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Deixovos un par de xogos de escape para que coñezades un pouquiño máis sobre a vida e a obra deste autor. Só tedes que premer encima do link.
O primeiro é un pouco máis difícil que o segundo. Probade a facer os dous. ¡Gustaranvos!
O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero
Recoméndoche por a pantalla completa e activar o son. Tes esta opción na esquina inferior esquerda: preme o altavoz para activar o son e para por a pantalla completa, dalle aos tres puntiños ( . . . ) e despois ás frechas.