Acordos Consello Escolar: 7 de maio de 2020
Dada a situación excepcional que estamos a vivir poñemos no seu coñecemento algúns dos acordos aprobados onte, 7 de maio, na sesión ordinaria de Consello Escolar, cara o curso 2020-2021:
Respecto ao alumnado:
Hora de Libre configuración de 4º de Primaria: establecer o currículo relacionado co uso das novas aplicacións e ou ferramentas informaticas. Iniciar a todo o alumnado máis pequeno no uso de ditas ferramentas.
Prohibición do uso de móbiles e/ou calquera outro aparello de gravación no colexio ou nas excursións. Só poderá utilizalo o alumnado de sexto, na excursión de fin de curso, previa autorización do seu profesorado acompañante.
Respecto ás familias:
Iniciar a Escola de pais/nais o antes posible para formar e informar ás familias no uso das ferramentas tecnolóxicas.
Pechar a porta de entrada ao edificio: As familias que chegan tarde, deberán timbrar para entregar ao seu fillo/a á persoa que lle abra a porta.
Devolver a aportación voluntaria de comedor a aquelas familias do alumnado de sexto de primaria que fixeron dita achega ata o mes de xuño. Ao resto de familias, que fixeron dita achega dende marzo ata xuño, pasar ditas aportacións cara ao vindeiro curso.
Menú de comedor: único para todo o alumnado usuario do servizo, en función das instrucións da Consellería de Educación; agás casos xustificados medicamente de alerxias alimentarias.
A dirección