Comunicado para as familias

Na situación excepcional que estamos a vivir pola pandemia provocada polo COVID-19, resulta imposible levar a cabo clases presenciais co noso alumnado. Debemos manter a salvo o máis importante que temos, que é a nosa saúde, mais non debemos esquecer o noso papel de educadores. Nesta circunstancia especial,  as recomendacións da Consellería de Educación son seguir coas actividades escolares pero facendo uso da tecnoloxía dispoñible. Deste xeito podemos manter unha interacción entre profesorado e alumnado e as súas familias.

Por outra banda, todos os especialistas están a recomendar que resulta imprescindible manter un horario de rutinas. Isto fará máis doado o confinamento e a convivencia. Así debemos reservar un oco no horario dos nenos e nenas para a realización das tarefas encomendadas polo profesorado. A familia terá un papel destacado na supervisión do cumprimento das mesmas e axudar ao alumnado na medida do posible.

O recomendable é traballar cada día nas materias que figuran no horario de aula. Se o traballo tivese unha carga importante, estaría ben facer un descanso no medio para comezar de novo con máis gañas.

Si aparecen dúbidas, sempre se pode contactar co profesorado –neste caso coa profesora de 3º B-. Así, cada unha das familias do alumnado deste grupo dispón da miña dirección de correo electrónico, ese será o medio que deban empregar para calquera pregunta que teña que ver coa formación académica do alumnado.

Así, o traballo diario mentres dure o confinamento, será o seguinte:

1.-MÚSICA: A través da aula virtual do centro entrando como convidados (Música Ceip Plurilingüe de Monforte) e polo blog de aula de música da páxina web do centro. As actividades nestes cursos terán un carácter lúdico e irán encamiñadas ao goce e relaxación do alumnado non tendo a intención en ningún momento de sobrecargar con máis traballo o facer diario do alumnado.

2.-RELIXIÓN: A mestra de relixión realiza a comunicación coas familias a través de Abalar móbil . A comunicación co alumnado para coñecer as tarefas do curso faino a través da Aula virtual: Relixión3P (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/aulavirtual/course/view.php?id=28)

Os avisos xerais é  a través do Blog de Relixión (Blogs de Aula-Páx.  web do cole)

 

3.-EDUCACIÓN FÍSICA: A comunicación realizarase esencialmente a través dos blogs: blog de centro (https://ceipdemonforte.blogspot.com/) ; no que se están a colgar vídeos de coreografías sinxelas, retos realizados polo alumnado e do blog de educación física (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/138)  no que atoparán recomendacións máis xerais.

 

4.-INGLÉS/PLÁSTICA –bilingüe-: A través do blog de inglés creado na páxina web do centro:  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/205

5.-TITORA: 

A comunicación co alumnado será a través:

-Do correo electrónico da titora coñecido por todas as familias para a resolución de dúbidas e enviar as actividades propostas.

-Da aplicación Abalar Móbil para avisos e notificacións da titora ás familias.

O que se traballará sobre todo é:

-Lectura comprensiva en lingua castelá e lingua galega e revisión dos conceptos vistos nas aulas.

-Operacións matemáticas e resolución de problemas.