Skip to Content

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2018

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2018

(Orde do 9 de maio de 2018; DOG, 21 de maio de 2018)

1.- TIPOS DE AXUDAS

1.a.) Fondo solidario de libros de texto:

-Poderá solicitala todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria independentemente da renda que teñan.

Os libros adxudicaranse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Esgotados os libros dispoñibles no fondo, o Centro garantirá a entrega de 6 libros de texto ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€ e 4 libros aos que teñan una renda superior a 5.400€ e inferior a 9.000€, se están catalogados e á venda.

1.b.)- Adquisición de libros de texto para 1º e 2º de primaria:

- Para o alumnado con renda per cápita familiar inferior a 5.400€ a axuda será de 170€.

- Para o alumnado con renda per  cápita familiar superior a 5.400€ e inferior a 9.000€ a axuda será de 90€.

1.c.).- Adquisición de material escolar:

- Poderá solicitalo todo o alumnado de primaria con renda per cápita inferior a 5.400€. A axuda será de 50€.

PARA OPTAR A CALQUERA DESTAS AXUDAS, É IMPRESCINDIBLE TER DEVOLTO OS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO OU OS MERCADOS COAS AXUDAS DO CURSO 2017/18 (agás os textos de 1º e 2º de Primaria), INCLUÍDO O MATERIAL REUTILIZABLE ADQUIRIDO COAS AXUDAS.

 

2. SOLICITUDES

2.1.- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo Centro docente.

2.2.- As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais, titores ou representantes legais.

2.3.- Cando no momento de presentar  a solicitude o alumnado aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro no que estea matriculado no curso actual.

2.4.- As persoas que desexen optar ás axudas deberán presentar a solicitude en formato papel (anexo I) no centro docente no que estea matriculado o alumno/a, por vía electrónica, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2.5.- As solicitudes poderán obterse no centro, descargarse na súa páxina web, na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal ; no portal educativo: http://www.edu.xunta.gal  e nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e O.U.

2.6.- A solicitude deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos esixidos nela, que son certos os datos indicados e que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros e o material reutilizable.

2.7.-Prazo de presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 22 de xuño (este incluído).

 

3. DOCUMENTACIÓN

 Identidade: Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b)Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar e copia do mesmo. Nos casos de non ter libro ou este non reflicta a situación a dia 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o nº de membros utilizando algún dos seguintes medios: sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso,  convenio regulador onde conste a custodia do/da menor; certificado ou volante de convivencia; informe dos servizos sociais que acredite a situación familiar.

c)Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia (en caso de discapacidade recoñecida pola Xunta, consultaranse automaticamente os datos).

d)Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e)Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f)Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.

g)Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do Concello, no caso de que o pai e a nai ou titor/titores carezan de DNI e NIE.

 

Requerirase a exhibición dos documentos orixinais para o cotexo das copias presentadas. No caso de presentación electrónica, os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos presentados. A Administración poderá requirir igualmente a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia presentada.

 

4.- ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA

4.1.- Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno/a, presentarase orixinal e copia da documentación. No caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentar orixinal ou copia debidamente compulsada.

4.2.- A documentación debe reflectir a situación persoal, económica e familiar a 31 de decembro de 2016.

4.3.- Ademais do material escolar habitual, teñen tal consideración os caderniños das distintas materias (“Activity  Book” de Inglés, caderniño de Música, diccionarios,…).

4.4.- Cálculo da renda per cápita

Na declaración da renda do 2016, sumaranse os recadros 392 (base impoñible xeral) e 405 (base impoñible do aforro) de todos os membros da familia que obteñan ingresos e dividirase o resultado polo número de membros da familia; cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (Certificado de imputacións emitido pola AEAT).

4.5.- Determinación da unidade familiar  (Terase en conta a situación a 31 de decembro de 2016):

Forman a unidade familiar:

- Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

- Os fillos/as menores de idade

- Os fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Os fillos/as solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar.

- Os proxenitores  separados legalmente ou divorciados con custodia compartida.

- A persoa que por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar   coa persoa proxenitora do alumno/a.

- No caso de non existir vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai, a nai e os fillos que vivan con eles e que reúnan os requisitos dos puntos anteriores.

4.6.- Obrigas dos beneficiarios

- Devolver os libros de texto e material reutilizable adquirido coas axudas de libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18.

- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros no curso 2018/19.

- Destinar o vale para adquirir os libros que indique o Centro.

- Destinar o importe do vale para adquirir o material escolar necesario e indicado polo centro.

5.- PRAZOS

·         Devolución de libros de texto do fondo solidario na correspondente titoría: antes do 18 de xuño.

·         Publicación das listas provisionais de beneficiarios: 29 de xuño.

·         Prazo de reclamación ás listas provisionais: 2 e 3 de xullo.

·         Publicación das listas definitivas: 5 de xullo.

·         Entrega dos vales para axuda de compra de libros (1º e 2º de Primaria) e de material escolar (1º a 6º de Primaria) poderán elixir entre as seguintes datas de recollida:

§  5 e 6 de xullo: de 10:00 a 14:00 h.

§  4 de setembro: de 10:00 a 12:00 h.

·         Entrega dos libros adxudicados no fondo solidario (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria): 6 de setembro nas aulas correspondentes, en horario de 12:00 a 14:00.

 

*Estes prazos poderían variar dependendo do funcionamento das aplicacións informáticas da Consellería. As posibles modificacións serían anunciadas na páxina web do Centro : www.edu.xunta.gal/centros/ceipmariapita/

 

*Esta información tamén é válida para o alumnado de 6º curso, que deberá entregar a solicitude no centro no que estea admitido para cursar 1º de ESO o vindeiro ano académico 2018-19.

Normativas: ORDE e ANEXOS

SOLICITUDE

Listaxes definitivas de admitidos/non admitidos para o curso 2018/2019

 Listaxes definitivas de admitidos para o curso 2018/2019:

 

 

                                                                                                    -4º de E. Infantil (3 anos)

                                                                                        -5º de E. Infantil (4 anos)
 
                                                                                        -6º de E. Infantil (5anos)
 
                                                                                        -4º de E. Primaria.
  
                                                                                        -6º de E. Primaria.
 
 
 
 
 
Listaxes definitivas de non admitidos  para o curso 2018/2019:
                                                                              
 
                                                                               -1º de E. Primaria.
 
                                                                               -3º de E. Primaria 
 
                                                                               -5º de E. Primaria 

 

                                                                        

 

 

Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019

O día 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-19

 

A Admisión do alumnado neste Centro para o curso 2017-18  axustarase á lexislación e proceso que se indican:

 

             1.- NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN

 

            - Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos… . (DOG 26/12/2012)

             - Orde do 12  de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos… . (DOG 15/03/2013).

 -  Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos … (DOG 01/02/2017).

             - Instrucións da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U.

 

            2.- OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES:

 

 

 

Cursos de Educación Infantil

Cursos de Educación Primaria

Postos dispoñibles

(1)

Postos dispoñibles

(1)

 

Cuarto (3 anos)………. 44

Quinto (4 anos)……….   5

Sexto (5 anos)………...  1

 

6

0

0

 

Primeiro…………. 0

Segundo………….0

Terceiro…………...0

Cuarto  …………...2

Quinto ….………...0

Sexto   ……………5

 

0

 

 

 

 

 

(1)    Postos escolares a disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do  12 de marzo de 2013, DOG do 15)

 

             3.- ÁREA DE INFLUENCIA E IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO

 

A área de influencia deste Centro ao obxecto de aplicar a puntuación que corresponda por proximidade do domicilio ou do centro de traballo, é a que figura no mapa de zonas educativas proporcionado polo Concello. Aos efectos de continuidade dos estudos de educación secundaria obrigatoria o Centro está adscrito ao IES Otero Pedraio.

 

4.- XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA E. INFANTIL

 

Co obxecto de que as persoas interesadas en solicitar praza para E. Infantil podan coñecer o noso centro, este ano teremos a Xornada de Portas Abertas: o 5 de marzo, de 17:00 h. a 18:00h., no Salón de Actos do colexio.

 

             5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (Anexo II), a recoller en conserxería ou descargar no portal da Consellería de Educación :

 admisionalumnado:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

 Deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio do 1 ao 20 de  marzo, acompañadas da copia do DNI, copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a.

 No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

 En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.

 

             6.- PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS      CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS

 

O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é do 23 de marzo ao 9 de abril. Porén, para facilitar trámites e evitar viaxes ao Centro, poderán achegala coa solicitude.

 Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do alumno/a, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns/ás cando a persoa interesada denegue a consulta automática de datos (art. 17.1).

 A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

 

            7.- PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

 

- Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. A listaxe ou listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles.

 - Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.

 

8.- PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 O alumnado admitido no Centro formalizará a súa matrícula na Secretaría do Centro,  do 20 xuño ao 2 de xullo (de 09:00 a 11:30 h e de 12:00 a 14:00 h). Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

 

 9.- RECURSOS DOS QUE DISPÓN O CENTRO

 

  • Profesorado Especialista en E. Infantil, E. Primaria, E. Física, Música,  Inglés e Relixión Católica.
  • Departamento de Orientación Escolar:

 -  Orientadora.

 - Profesorado especialista en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.

 Aula de Pedagoxia Terapéutica.

  • Aula de Audición e Linguaxe.
  • Aula de apoio.
  • Aula de Informática.
  • Aula de Música.
  • 2 aulas de inglés.
  • Aula de relixión católica.
  • Aulas con dotación TICs.
  • Biblioteca
  • Salón de Actos.
  • Pavillón polideportivo semicuberto.
  • Ximnasio.
  • Comedor escolar.
  • Parque Infantil.
  • Patios exteriores de E. Infantil e Primaria.

 

10.- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 Os servizos complementarios que ofrece o Centro son:

 

            10.1.- Transporte escolar

 

Existen tres rutas de transporte escolar para o alumnado  domiciliado nas zonas máis alonxadas do Centro, pero sempre dentro da área de influencia do mesmo:

 

 EMPRESAS E PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR 

 

FACAL

POMBO

RICO

Fábrica de Armas 

Avda da Pasaxe /Materno

Ponte Pasaxe 

Pedralonga 

Praza Caídos

Palavea (bus 22) 

Oncolóxico 

Os Castros 

Alcampo (bus 1A)

Colexio Eirís 

Avda. de Oza nº 30

Santa Gema 

As Cadenas

Avda. de Oza nº 115

 

 

A Gaiteira- Citröen

 

 

 

Non teñen dereito a este servizo os alumnos que, estando domiciliados nas áreas de influencia  doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).

 

Só ten dereito a este servizo o alumnado domiciliado a máis de 2 Km. do Centro,  pero dentro da zona de influencia do mesmo.A Xefatura Territorial poderá conceder, previa solicitude, autorización excepcional para alumnado domiciliado a unha distancia do Centro inferior a 2 Km. e superior a 1 Km., sempre que:  existan prazas vacantes, non comporte a modificación das rutas, non supoña a creación de novas paradas,  non incremente a duración do traxecto e non precise incorporación de acompañante. Estas autorizacións concederanse en precario e serán revogables. (Punto 3. Instrución 3/2012)

 

Lexislación aplicable:

. Orde do 12  de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos… . (DOG 15/03/2013).

                .  Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/2001).

.  Decreto 65/2014 de 28 de maio, polo  que se modifica o Decreto 160/1988, de 9 de xuño, polo  que se regula a prestación dos  servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da  Xunta de Galicia.

.   INSTRUCIÓN 3/2015 da Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 1 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no  Curso escolar 2015-2016

             

 10.2.- Comedor Escolar.

 Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:

 Contacto

 Horario: De 16:15h. a 18:00h. (de luns a xoves)

 Tfno: 981918297

 Móvil: 620426437

 email: comunicacion.anpaxanela@gmail.com
Tamén estamos en:
Facebook: www.facebook.com/anpaxanela
Twitter: @ANPAXanela

  

Funciona con un servicio de catering. A empresa é Jardanay.

 - Lexislación aplicable:

                 . Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 06/02/2007).

                 . Orde do 21 de febreiro de 2007, pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 05/03/07).

 

10.3.- Madrugadores (7:30 - 9:00h). 

 

10.4.- Outras actividades extraescolares

 - Participación no Certame de Teatro do Concello.

 - Participación no programa de deporte da Xunta de Galicia (XOGADE)

 A ANPA informará durante o mes de setembro sobre outras actividades que se poidan organizar.

 

10.5.- Campamentos de Nadal, Semana Santa e Verán

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Presentarase fotocopia e orixinal de toda a documentación para o seu cotexo.

 

A  solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde de preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar de forma presencial ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Estará asinada por calquera dos titulares da patria potestade. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

Darán lugar á perda do dereito de prioridade:

 

. A presentación da solicitude fóra de prazo.

 . A presentación de máis dunha solicitude.

 . A presentación de solicitudes estando vinculado por reserva. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión.

 . As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.

 . As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

 

 As familias poderán consultar o estado da tramitación das súas solicitudes a través da aplicación: admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), utilizando o código de solicitude e o nº do DNI da persoa solicitante (Art. 13.3).

 

                                    A Coruña, a 28 de febreiro de 2018.

 

 

1. LEXISLACIÓN APLICABLE:

- Decreto 254/2012, do 13 de decembro. (DOG, 26/12/2012).

- Orde do 12 de marzo de 2013. (DOG, 15/03/2013).

- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para   a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos … (DOG 01/02/2017).

- Instrucións que poida ditar a Consellería de Educación e O. Universitaria para o proceso de admisión, curso 2017-18.

2. CALENDARIO DE ACTUACIÓNS  (Disposición adicional 1ª)   

PRAZOS

 ACTUACIÓNS SEGUNDO AS ORDE DO 12  DE MARZO DE 2013 E 25 DE XANEIRO DE 2017.

 

1-15 de febreiro

-  Cambio dun centro a outro ao que se está adscrito (alumnado de 6º, por exemplo). Presentación de solicitude (Anexo I) polos pais, nais ou titores legais no centro de orixen. (Artigo 10º.2)

Envío ao centro ao que está adscrito da relación do alumnado susceptible de matricularse no mesmo para o vindeiro curso, xunto coas solicitudes de reserva de praza. (Artigo 10º.3)

-  A presentación de solicitude noutro centro estando vinculado por reserva implica perda do dereito de prioridade. (Artigo 11º.3 e 34º.1b).

 

Antes do 1 de marzo

-  Aprobación polo Consello Escolar do criterio complementario do centro, se é o caso,  e da forma de acreditalo.  Información á Xefatura Territorial e inclusión deste dato na información á que fai referencia o punto seguinte. (Art.28º).

Publicación no taboleiro de anuncios das vacantes dispoñibles para o curso 2017-18, así como dos demais aspectos que figuran no artigo 13º.1 e 13º.2 da devandita Orde.

-   Reservar tres postos por unidade nos cursos 1º de EI e 1º de EP para que a Comisión de escolarización escolarice, se é o caso, alumnado con n.e. de a.e. (Artigo 3º.2).

Sorteo público na Consellería para determinar a orde de preferencia nos casos de empate. (Artigo 29º.3).

 

1-20 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión segundo o Anexo II, acompañadas do DNI, copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a, convenio regulador ou resolución xudicial, se fose o caso (Arts.14º.1, 15º e 16º).

-  Cada solicitante presentará unha única solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos que solicita praza. (Artigo 14º.6). Na mesma solicitude indicará se desexa ou non utilizar o comedor  e o transporte (Disposic. Adic. 2ª)

-  Esta solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar de forma presencial ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)  (Artigo 14º.5).

-  Todas as solicitudes deberán contar coa data e selo de rexistro de entrada e/ou saída, segundo proceda.

- Ter todos os datos de admisión cargados na aplicación XADE nos 3 días hábiles seguintes á presentación de cada solicitude. (Art. 14.8)

- Se os pais optan a unha praza para alumnado con n.e.e. deberán manifestalo e achegarán a documentación pertinente. (Art. 37º.1 e 2)

Envío á Xefatura Territorial, no prazo máximo de dez días hábilesa partir do día seguinte da súa presentación no centro, xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial realizada polo centro, das solicitudes para o alumnado con necesidade educativa específica de apoio educativo. (Artigo 38º.1).

 

23 de marzo ao ao 9 de abril

-  Se existe máis demanda que oferta, presentación no centro de documentación acreditativa dos criterios de baremo, no caso de denegar a consulta automática. Esta presentación ten carácter voluntario. (Artigo 17º.1 e 2)

 

10 de abril

-  Solicitude á Xefatura Territorial da verificación de que os datos fiscais coincidan cos do Padrón (Art. 22º.3).

 

Antes do 25 de abril

- Recepción da Xefat. Territorial das solicitudes de prazas reservadas para n.e.e., acompañadas de informe do EOE e indicación de se procede ou non a escolarización con cargo á reserva de prazas. (Art. 38º.2).

Reunión do Consello Escolar e publicación provisional de admitidos e non admitidos por curso. (Artigo 30º.1)

-  Prazo de presentación de reclamacións as listaxes provisionais: cinco días hábiles. (Artigo 30º.3)

-  As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas. (Artigo 31º.1)

 
 

Durante o mes de abril

-   Solicitude dos servizos de transporte e comedor para o alumnado do Centro que non teña que formalizar matrícula, con documentación acreditativa e ou autorización á Consellería (Ver disposición adicional 2ª)

 

Antes do 15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido. (Artigo 31º.2).

-  Contra esta publicación, cabe recurso de alzada ante a xefatura territorial  no prazo dun mes. (Artigo 32º).

-  Nun prazo de 2 días  hábiles á publicación das listaxes definitivas, envío á Xefatura Territorial a seguinte documentación (artigo 33º):

- Copia das listaxes definitivas de admitidos.

- Número de postos non cubertos, detallados por cursos e niveis se é o caso.

- Listaxe de alumnado que non resultou admitido, xunto coa documentación presentada.

- De ser o caso, solicitudes de alumnado con n.e.e. que non resultasen admitidas na resolución definitiva e, tamén     de ser o caso, as prazas vacantes reservadas a este alumnado. (Art. 39º).

 
 

20 Xuño-2 Xullo

Formalización da matrícula do alumnado de educación infantil e primaria. (Artigo 40º.2 a).

-  Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida (Art.40º.3)

- Unha vez finalizado o prazo de matrícula, comunicación á Xefatura Territorial o número de prazas vacantes especificando curso e nivel educativo.  Así mesmo  irá comunicando todas as vacantes que se produzan ao longo do curso académico. (Artigo 42º).

 

- O centro de secundaria solicitará ao  centro de primaria  a remisión de documentación correspondente ao alumnado que formalizou a matrícula no seu centro. (Art. 41º).

- Comunicar á Xefatura Territorial  as vacantes que se poidan producir no centro:

           a) Con posterioridade á resolución definitiva e antes ao inicio do prazo de matrícula. (Artigo 33º).

           b) As que xurdan con posterioridade ao inicio do prazo de matrícula. (Artigo 42º).

           c) Tamén as que se produzan ao longo do curso académico. (Artigo 42º).

 

 

- Táboa criterios de valoración

- Resolución criterio de desempate

- Anexo II ( solicitude)

- Zonas de influencia

- Decreto admisión

- Breve manual( para presentalo en Sede Electrónica)

 

 

XORNADA DE FORMACIÓN PARA COMUNIDADE EDUCATIVA

 O AFORO PARA ESTA XORNADA XA ESTÁ COMPLETO. DISCULPEN AS MOLESTIAS

 

PREMIO EDUCATIVO POLA IGUALDADE DE XÉNERO-CONCEPCIÓN ARENAL 2107

PREMIO EDUCATIVO POLA IGUALDADE DE XÉNERO-CONCEPCIÓN ARENAL 2107 ortogado pola DEPUTACION DA CORUÑA

O noso centro foi gañador do premio "Concepción Arenal 2017" polo proxecto educativo pola igualdade de xénero "TRIPULANDO A IGUALDADE" presentado pola nosa compañeira Helga Vázquez Regueira, estando implicados neste proxecto as aulas 4º A, 4º B e 5º A de Educación Infantil.

 

Noraboa a todos os implicados.

Proxectos gañadores

 

IMPORTANTE

LIBROS DE 3º DE E. PRIMARIA

MOI IMPORTANTE

Vémonos na obriga de cambiar os seguintes libros de 3º de E. Primaria por estar descatalogados:

-Coñecemento do Medio por un libro de C. Sociais e outro de C. Naturais.

- Inglés.

Os novos libros son:

-      

Sociais 3º. Ed: Vicens Vives.

ISBN: 978-84-682-3789-3

-      

3º EP Ciencias da Natureza integrado CELME – 14.

ISBN: 9788498544275

-      

Inglés: Big Surprise 3º class book

 ISBN: 9780194516389 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO CURSO 2017/2018

AVISO IMPORTANTE

Entrega dos libros adxudicados no fondo solidario (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria): 8 de setembro nas aulas correspondentes, en horario de 12:00 a 13:00 h.

 

LISTAXES DEFINITIVAS  DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO FONDO DE LIBROS

-ADMITIDOS

-EXCLUIDOS

 

                                  - Entrega dos vales para axuda de compra de libros (1º e 2º de Primaria) e de material escolar (1º a 6º de Primaria) poderán elixir entre as seguintes datas de recollida:

-  6 e 7 de xullo: de 10:00 a 12:00 h.

-  1 de setembro: de 10:00 a 12:00 h.

 ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS. NOTA IMPORTANTE:

Tede en conta que os libros de Lingua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas de 3º e 5º E.P. están descatalogados e non os atopades nas librerías. Por ese motivo, o centro e/ou a ANPA tentará subministralos ao total do alumnado deses dous cursos.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO CURSO 2017/2018.

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º NIVEL

2º NIVEL

3º NIVEL

4º NIVEL

5º NIVEL

6º NIVEL

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4º de E.I. (3 anos)

5º de E.I. (4 anos)

6º de E.I. (5 anos)

-Tríptico de E.I. para o curso 2017/2018.

Distribuir contido


by Dr. Radut