Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Renovación Consello Escolar

Durante o mes de novembro levarase a cabo o proceso de eleccións do Consello Escolar para a renovación dos correspondentes membros.

Na páxina web iremos informando de todo o proceso.

O próximo luns, día 25, procederase a facer o sorteo público para seleccionar os membros da Xunta Electoral que se constituirá o 2 de novembro.

 

Samaín

 

Banner Samaín

Decora a túa pedra con motivo do Samaín/Halloween e participa no concurso.

Importante: prohibidos os complementos (espadas, perrucas, gorros, etc). 

Club de Ciencia

O noso centro foi admitido para participar no proxecto de innovación educativa da Consellería de Educación “Club de Ciencia”.

O Club de Ciencia realizarase co alumnado da etapa de Educación Infantil e con 1º de Educación Primaria.

Seguiremos informando deste proxecto na páxina web nun apartado creado para tal fin.

Premendo aquí podedes ver información ao respecto.

 

Profesorado curso 2021-2022

TITORÍA
Elena Fidalgo Lainez 4º Educación Infantil
 Ruth Costa Pascual 5º Educación Infantil
 Esperanza González Rodríguez 6º Educación Infantil
 Esther Fuentefría Rodríguez 1º Educación Primaria
 Begoña Vilarchao Fernández 2º Educación Primaria
 A. Jácome Fernández 3º Educación Primaria
 Felipe Blanco Míguez 4º Educación Primaria
 Isabel Cid Rivero 5º Educación Primaria
Alicia Rivas Fernández  6º Educación Primaria
ESPECIALIDADES
 Montse Fernández Rodríguez Apoio Educación Infantil
Silvia Alonso Pérez Lingua Inglesa
Isabel Blanco Pumar Lingua Inglesa
Manuel Borrajo Fernández Educación Física
Isabel Cid Rivero Música
 Francisco Soto Rodríguez Relixión
Ana Mª de Cal Pose Relixión
Reyes López Rodríguez Pedagoxía Terapéutica
Mar Blanco Alonso Pedagoxía Terapéutica
Chelo Novoa Romero Audición e Linguaxe
Andrea Fernández Novoa Audición e Linguaxe
 Silvia González Navaza Orientación
SUBSTITUCIÓNS
 Raquel Domínguez Fernández  4º Educación Primaria
Sara Fernández Iglesias 5º Educación Infantil
Leticia Vidal Álvarez 6º Educación Primaria

Horario do centro

Atención transporte 9:05
Apertura porta transporte 9:15
1ª sesión 9:30
2ª sesión 10:20
3ª sesión 11:10 
Tempo de lecer 12:00 
Hora de ler 12:30 
4ª sesión 13:00
5º sesión 13:45
Xantar 14:30 
Saída do transporte 15:30

Listaxe provisional fondo libros curso 2021/2022

A listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de Educación Primaria (na que podedes consultar só o número de libros asignados) está exposta no taboleiro do centro.

O período de reclamación a esta listaxe remata o luns, 5 de xullo.

Na listaxe DEFINITIVA (6 de xullo) figurarán os libros asignados por materia.

Comedor escolar curso 2021/2022

Está aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración do prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2021/22.

O impreso pode recollerse no centro ou descargarse dende AQUÍ.

Son usuarios gratuítos do servizo de comedor ademais dos que lles pertenza por renda os seguintes:

  • Familias en situación de exclusión social
  • Alumnos/as en acollemento
  • Alumnos/as con discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Alumnos/as pertencentes a familias vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.

(Todas estas circunstancias deben ser acreditadas xunto coa solicitude. É necesario traer copia e orixinal)

Prazos:

As autodeclaracións entregaranse na Secretaría do Centro de 9:30 á 13:00. É aconsellable para axilizar o proceso facer a súa entrega antes do 14 de xullo de 2021 aínda que o prazo remate en setembro.

Importante:

  • A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2020.
  • Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.
  • Recordade cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.
  • Non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.

Axuda:

Na seguinte ligazón podedes acceder á aplicación da Xunta para facer os cálculos da autodeclaración.

https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 6º A e B de Primaria faise maior e comeza unha nova singladura cara o Instituto...como medraron, mudaron de aspecto, fixéronse maiores!!

Aquí tedes uns vídeos resumos da súa etapa polo CEIP de Maceda: 

 

GRADUACIÓN 6°DE INFANTIL:"PROMOCIÓN 2018/2021"

A continuación poderedes ver o guapos e guapas que estaban os peques cos seus birretes e bandas:

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/2022

 Nos seguintes enlaces poden descargar a lista de libros de texto para o vindeiro curso (2021/2022) por nivel educativo:

Distribuir contido


by Dr. Radut