Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Mandados do Meco

Caixas pola Paz

O día 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e a Non Violencia. Durante a semana previa o alumnado de cada aula estivo decorando unha caixa con distintos motivos para colgala na entrada do centro.

No seguinte álbum podedes ver o esforzo e o gran traballo do alumnado e do profesorado para preparalas.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Día da Paz

Menú febreiro

Preme na imaxe para ver o menú do mes de febreiro

Prato de comidaFonte: Public Domain Vectors.

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Novo protocolo COVID

Declaración responsable de autotest positivo

Autotest

 

Formulario:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

 

Número de teléfono:

881 540 045

 

Reserva de praza curso 2022/2023

Dende o 11 de xaneiro, e ata o 8 de febreiro, está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES San Mamede de Maceda. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro o ANEXO I  debidamente cumprimentado xunto coa fotocopia do DNI.

Podedes descargar o Anexo I en diversos formatos:

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2021).

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

QUENDAS DE GARDA DE BIBLIOTECA PARA O 2º TRIMESTRE

Xa están as quendas de garda de biblioteca para que disfrutedes da mesma de martes a venres dende as de 1530 ata as 1730 horas.

Preme na imaxe para ver os horarios: 

 

Fonte: Pixabay

 

Obradoiro Procesos e Formas na Cidade

O luns 13 de decembro o alumnado de 5º curso participou nunha das actividades enmarcadas no Proxecto Terra.

Esta actividade impartida polo Colectivo Recreo sobre os fluxos de persoas, materias, enerxías e ideas serviunos para coñecer mellor a vila de Maceda.

Mediante un recorrido de 2 horas e media pola vila o alumnado tivo que descubrir distintos puntos de interese e marcalos nun mapa. O depósito de auga, a depuradora, os sumidoiros, o cable da luz e do teléfono foron algúns dos fluxo analizados e comentados durante a actividade.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Proxecto Terra

Aprendemos sobre os volcáns

Nestes últimos meses aproveitando a erupción do volcán da Palma estivemos aprendendo sobre este fenómeno con actividades variadas.

Na materia de Educación Plástica o alumnado de 3º e 4º de cursos de Educación Primaria puideron observar con Realidade Aumentada as partes dun volcán e o proceso e erupción. Primeiramente colorearon unha ficha e logo pudieron ver como cobraba vida na aplicación móvil Quiver.

O alumnado de 4º tamén na materia de Plástica modelou con plastilina un volcán e logo simularon unha erupción mediante o experimento científico da mestura de vinagre con bicarbonato.

O alumnado de 6º codificou e deulle vida a unha volcán coa ferramenta Scratch.

 

En Ciencias Sociais o alumnado de 5º estivo vendo vídeos, investigado e facendo distintas fichas para aprender as partes e os tipos de volcáns existentes.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Aprendemos sobre os volcáns
Distribuir contido


by Dr. Radut