No curso 2021-2022, o CEIP Plurilingüe de Maceda solicita o programa de innovación educativa “Polos Creativos” establecido na orde do 21 de abril de 2022 (DOG do 27 de abril de 2022) coa proposta de crear un espazo versátil no centro para desenvolver proxectos de carácter tecnolóxico.
A proposta co centro, que leva por título “Aprendizaxe servizo a través do polo creativo” pretende achegar a toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) á realidade da nosa contorna fortalecendo o noso coñecemento e investindo tempo para mellorala a través de proxectos que poñan en valor o patrimonio histórico, artístico, cultural e natural.
Dende unha perspectiva integral e inclusiva pretendemos que o polo creativo se converta nun espazo de comunicación, de creación e de formación no que a aprendizaxe por proxectos e aprendizaxe cooperativa sexan os pilares nos que se sustenten todos os produtos elaborados.
A través do polo creativo buscamos desenvolver o traballo competencial con énfase no fomento das habilidades do século XXI, concretamente nas 4Cs (pensamento crítico, creatividade, comunicación e colaboración) e na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.