Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Digital Week

Onte despedimos ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria na súa saída cara Bergondo (A Coruña).

O noso proxecto foi un dos seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística da Consellería de Educación “Digital Week”.

Dende o domingo 16 ata o sábado 22 de outubro os alumnos terán a oportunidade de desenvolver durante a súa estancia de campamento diversas actividades nas que, non so practicarán as súas destrezas na lingua estranxeira, senón que tamén mellorarán a súa competencia dixital.

Premendo aquí podedes atopar toda a información.

Comezamos!!!!

As mestras de Educación Infantil prepararon este recibimento para o primeiro día de cole do noso alumnado.

Organización entradas e saídas

Recomendacións merendas

Calendario Escolar

Preme na frecha ou na imaxe para visualizalo a páxina completa. 

 

 

Reunión de Benvida

Atención: A reunión para as familias do alumnado de 3 anos será o luns día 5 ás 10:00 horas.

Profesorado curso 2023-2024

TITORÍA
Montserrat Fernández Rodríguez 4º Educación Infantil

Bianca Gómez Vila

5º Educación Infantil
 Esperanza González Rodríguez  6º Educación Infantil
Lucía Losada Lage 1º Educación Primaria
María Begoña Vilarchao Fernández 2º Educación Primaria
Alicia Rivas Fernández 3º Educación Primaria
Felipe Blanco Míguez 4º Educación Primaria
 Isabel Cid Rivero 5º A Educación Primaria 
Esther Fuentefría Rodríguez 5º B Educación Primaria
 Sonia Casado Dacosta 6º Educación Primaria
ESPECIALIDADES
 Ruth Costa Pascual Apoio Educación Infantil
Silvia Alonso Pérez Lingua Inglesa
Lorena Ribao Camba Lingua Inglesa
Manuel Borrajo Fernández Educación Física
Isabel Cid Rivero Música
 Francisco Soto Rodríguez Relixión
Ana Mª de Cal Pose Relixión
Reyes López Rodríguez Pedagoxía Terapéutica
 Antonio Fernández Jácome Pedagoxía Terapéutica
 Laura Abadín Parente Pedagoxía Terapéutica
Chelo Novoa Romero Audición e Linguaxe
 Óscar López Vieira Audición e Linguaxe
Celsa Pérez Fernández Orientación
SUBSTITUCIÓNS
   
   
Florentina Recarey Prieto Relixión
   

Listaxe provisional Fondo Libros 3º, 4º, 5º e 6º

Podedes consultar aquí a listaxe provisional co número de libros concedidos para o curso 2022-2023.

A listaxe definitiva, na que aparecen os libros por materia concedidos, poderá consultarse a partir do 4 de xullo.

 

Solicitude comedor curso 2022-2023

Está aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración do prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2022/23.

O impreso pode recollerse no centro ou descargarse dende AQUÍ.

Son usuarios gratuítos do servizo de comedor ademais dos que lles pertenza por renda os seguintes:

  • Familias en situación de exclusión social
  • Alumnos/as en acollemento
  • Alumnos/as con discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Alumnos/as pertencentes a familias vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.

(Todas estas circunstancias deben ser acreditadas xunto coa solicitude. É necesario traer copia e orixinal)

Prazos:

As autodeclaracións entregaranse na Secretaría do Centro de 9:30 á 13:30. É aconsellable para axilizar o proceso facer a súa entrega antes do 8 de xullo de 2022 aínda que o prazo remate en setembro.

Importante:

  • A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2021.
  • Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.
  • Recordade cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.
  • Non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.

Axuda:

Na seguinte ligazón podedes acceder á aplicación da Xunta para facer os cálculos da autodeclaración.

https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

Picando na imaxe pódense visualizar os libros de texto do próximo curso 2022-2023 para tódolos cursos de Infantil e Primaria

A continuación podedes descargar o documento en pdf do listado de libros en "adxuntos".
Distribuir contido


by Dr. Radut