Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

Solicitude comedor curso 2022-2023

Está aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración do prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2022/23.

O impreso pode recollerse no centro ou descargarse dende AQUÍ.

Son usuarios gratuítos do servizo de comedor ademais dos que lles pertenza por renda os seguintes:

  • Familias en situación de exclusión social
  • Alumnos/as en acollemento
  • Alumnos/as con discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Alumnos/as pertencentes a familias vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.

(Todas estas circunstancias deben ser acreditadas xunto coa solicitude. É necesario traer copia e orixinal)

Prazos:

As autodeclaracións entregaranse na Secretaría do Centro de 9:30 á 13:30. É aconsellable para axilizar o proceso facer a súa entrega antes do 8 de xullo de 2022 aínda que o prazo remate en setembro.

Importante:

  • A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2021.
  • Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.
  • Recordade cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.
  • Non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.

Axuda:

Na seguinte ligazón podedes acceder á aplicación da Xunta para facer os cálculos da autodeclaración.

https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

AnexoTamaño
Autodeclaración.pdf220.5 KB


page | by Dr. Radut