Estamos nas redes sociais!
Comedor escolar curso 2021/2022
Está aberto o prazo para o procedemento de autodeclaración do prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2021/22.
O impreso pode recollerse no centro ou descargarse dende AQUÍ.
Son usuarios gratuítos do servizo de comedor ademais dos que lles pertenza por renda os seguintes:
- Familias en situación de exclusión social
- Alumnos/as en acollemento
- Alumnos/as con discapacidade igual ou superior ao 33%
- Alumnos/as pertencentes a familias vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.
(Todas estas circunstancias deben ser acreditadas xunto coa solicitude. É necesario traer copia e orixinal)
Prazos:
As autodeclaracións entregaranse na Secretaría do Centro de 9:30 á 13:00. É aconsellable para axilizar o proceso facer a súa entrega antes do 14 de xullo de 2021 aínda que o prazo remate en setembro.
Importante:
- A autodeclaración farase en base ao EXERCICIO FISCAL 2020.
- Non hai que presentar a copia da Declaración da Renda, xa que esta autodeclaración é unha declaración baixo xuramento pola que se autoriza á Consellería de Educación a contrastar os de residencia e renda.
- Recordade cubrir todos os datos que se piden dos membros da unidade familiar e de asinar a declaración, deberán asinar: solicitante, cónxuxe e fillos maiores de idade.
- Non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.
Axuda:
Na seguinte ligazón podedes acceder á aplicación da Xunta para facer os cálculos da autodeclaración.
https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
Anexo | Tamaño |
---|---|
Modelo de Autodeclaración_curso2021.22.pdf | 447.87 KB |