Skip to Content

 Estamos nas redes sociais! 

Ligazón Conta Centro Twitter

MANDADIÑO DO MECO DO LUNS

PROGRAMA DE ENTROIDO 2020

MANDADIÑOS DO MECO 2020

XVI ENTREGA DE PREMIOS PURA E DORA VÁZQUEZ DE NARRATIVA E ILUSTRACIÓN

O pasado martes, 4 de febreiro, o CEIP de Maceda foi escollido para a celebración da XVI entrega de Premios Pura e Dora Vázquez de narrativa infanto xuvenil e ilustración.

O gañador da categoría de narración foi Rafa Vilar González coa obra "O libro dos oficios".

Na categoría de ilustración, a gañadora foi María Villarino López.

FASE PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS 2020

O sábado, 2 de febreiro, tivo lugar nas instalacións de Monterrei a fase provincial de campo a través. Acudimos co alumnado que se clasificara na fase comarcal.

Todos acabaron a súa respectiva distancia e unha alumna da categoría infantil quedou terceira clasificada!!

Foi un éxito!!

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2020

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e a Non Violencia nos centros educativos. Nesta ocasión a comunidade educativa desenvolveu distintas actividades. O fío conductor das mesmas é a concienciación persoal de que conquerir a "paz e non violencia" comenza dentro de nós, está nas nosas mans e debemos reflectilo ao resto do planeta, por iso leváronse a cabo as seguintes actividades

UNBOXING ALICE

HELLO!

On Tuesday 21st of January our students from grade 4, 5 and 6 went to Ourense to see a play called "Alice's adventures". They really enjoyed it!

DEPORTE ESCOLAR:CAMPO A TRAVÉS

O alumnado de 3º a 6º de Primaria participaron na fase comarcal de campo a través, que tivo lugar nas instalacións de Monterrei. Todos lograron finalizar o percorrido correspondente a súa categoría. Comportándose como verdadeiros atletas!!

XOGOS COOPERATIVOS NA SEMANA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O alumnado de 1º a 6º de Primaria fixeron ao longo desta semana diversos xogos cooperativos: con paracaídas e coas cadeiras musicais. No que moven o esquelete ao ritmo da música da "Semana da Paz". Pasámolo xenial!!

 

MAÑÁS MUSICAIS NA SEMANA POLA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e a Non Violencia nas escolas, este ano a comunidade educativa do cole de Maceda considerou celebrar esta conmemoración durante toda esta semana.

Distribuir contido


by Dr. Radut