Este ano haberá moita arte...

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA AS MASCOTAS ABANDOADAS

OLA FAMILIAS!!!

COMEZA A NOSA COLABORACIÓN DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, MANTAS, XOGUETES... PARA AS MASCOTAS ABANDOADAS. TEDES NA ENTRADA UNHA CAIXA ONDE PODEDES DEIXAR AS VOSAS DOAZÓNS!!!

NAS PROTECTORAS OU ASOCIACIÓNS COAS QUE COLABORAMOS, PODEDES APADRIÑAR, ACOLLER OU ADOPTAR MASCOTAS.

A DURACIÓN DA CAMPAÑA SERÁ NO MES DE NOVEMBRO.

PODEDES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ.

MOITAS GRAZAS.

O MAGOSTOMAÍN XA ESTÁ NO COLE....

AS CABAZAS E OS MEIGALLOS YA ESTÁN NO NOSO CENTRO!!!

TEDES UNS NENOS E NENAS SÚPER - ARTISTAS!!!!

RECORDADE QUE O MÉRCORES FESTEXAMOS COA DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS ASADAS E XOGOS POPULARES SE O TEMPO O PERMITE ;-)

       

 

 

PRAEMO 2019/20

AQUÍ PODEDES ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN DO PRAEMO OFERTADA A TRAVÉS DO CONCELLO DE OLEIROS.

QUE SERÁ SERÁ?

ALGO ESTÁN A ARGALLAR OS SAUDADORES....

 

CONVIVE NO LUÍS SEOANE

NON DEIXEDES DE VISITAR O BLOG DE BOAS PRÁCTICAS DO NOSO CENTRO ONDE PODEDES VER AS NUMEROSAS INICIATIVAS E OS TRABALLOS QUE ESTAMOS LEVANDO A CABO.

É UN PROXECTO QUE MELLORA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTUACIÓNS EDUCATIVAS EN XERAL FOMENTANDO O TRABALLO EN EQUIPO EN TODOS OS ÁMBITOS.

AQUÍ PODEDES VELO:

 

MAGOSTOMAÍN

Estimadas familias do alumnado do Ceip Luis Seoane:

 

Un ano máis celebraremos no mes de outubro o MAGOSTOMAÍN e queremos animar a todas as nenas e nenos do cole a participar nas seguintes actividades:

 

-EXPOSICIÓN DE CABAZAS: para poder disfrutar máis tempo da exposición de cabazas, éstas poderán chegar ao centro a partir do luns 21 de outubro decoradas pero pechadas, sen baleirar, co nome e curso do autro ou autora  (quen queira traela baleira ten que traela a partir do luns 28 de outubro).

 

-DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS: o mércores 30 de outubro, e sempre que o tempo o permita, celebraremos pola mañá o tradicional MAGOSTO no colexio, polo que pedimos que traiades unha presa de castañas xa picadas a partir do luns 28 de outrubro para poder degustalas entre todos. Aqueles alumnos que queiran, poderán asistir disfrazados ao cole para dar moito medo ese día.

 

APROVEITAMOS PARA DAR AS GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN

PROXECTO BILINGÜE NO NOSO COLE

COÑECEDES O NOSO PROXECTO DE SECCIÓN BILINGÜE EN 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA?

QUE MELLOR QUE OS PROPIOS PARTICIPANTES QUE NOS EXPLIQUEN O QUE É E COMO FUNCIONA!!!!!

 

 

ATENCIÓN FAMILIAS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

No curso actual 19/20, o noso centro pasa a formar parte da iniciativa EDIXGAL para o curso de 5º de Primaria co compromiso de mantelo cando menos durante catro cursos consecutivos. Tal e como establece o condicionado do proxecto os pais deberán comprometerse a velar polo bo uso do equipo transmitíndolle esa mensaxe aos fillos incluso no caso de que o dito equipo non se leve para casa. Resulta, polo tanto, moi aconsellable que pais/ nais/titores legais (segundo o caso) asinen o acordo de cesión de uso do ordenador que é o documento que levan hoxe para casa.

Agradecemos como sempre a vosa colaboración e confiamos que esta iniciativa sexa positiva para tod@s.

O Equipo Directivo.

CAMBIO REUNIÓN DE 4º DE PRIMARIA

Bo día,

 

Cámbiase a reunión de 4º de Educación Primaria para o día:

 

        LUNS, 14 DE OUTUBRO ÁS 17:00 HORAS.

CAMPAÑA ESCOLAR EN FAVOR DA SAÚDE VISUAL

Do 9 de setembro ao 13 de outubro en Alain Afflelou agasallan as lentes a todos os nenos e nenas que as precisen.

Podedes consultar a promoción no seguinte enlace:

FUNDACIÓN ALAIN AFFLELOU

 

Distribuir contido