Este ano haberá moita arte...

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe festexamos con música, cantigas e bailes o Día das Letras Galegas. As pandeiretas e os cantos foron os protagonistas, nun día cheo do noso idioma e da nosa cultura.

Non vos perdades as imaxes deste día...

EXCURSIÓN DE 4º EDUCACIÓN PRIMARIA A FERVENZA - AVENTURA

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria estiveron en Fervenzaaventura en Silleda con motivo da súa excursión de final de curso. Fixeron moitísimas actividades ao longo de dous días de convivencia: alimentaron aos diferentes animais da granxa escola, fixeron un routeiro ata a Fervenza da Toxa, realizaron xogos de orientación no bosque e participaron en numerosas actividades ao aire libre como o tiro con arco ou na tirolina e rocódromo.

Os monitores e mestras non fan mais que contarnos o ben o que o pasaron e, sobre todo, o ben que se que portaron. Foi unha excursión estupenda!!

VISITADE O BLOG DE BOAS PRÁCTICAS DO LUÍS SEOANE

Recordade que podedes visitar o Blog de Boas prácticas do cole, onde explican todas as actividades que estamos levando a cabo para mellorar a convivencia no centro. É un traballo onde participa toda a Comunidade Educativa e estamos tod@ implicados!!!

Podedes coñecer un pouquiño máis dos proxetos visitando o Blog de Boas Prácticas.

Non o perdades de vista!!!!

 

 

 

 

 

MAÑÁ NON TEMOS COLEXIO

Bo día,

 

Recordamos que mañá non teremos colexio por ser o o día das Letras Galegas.

Vémonos o luns!

                                    

 

                           

IV FESTIVAL ARTE POLA IGUALDADE

O xoves 9 de Maio moitos alumnos e alumnas do noso centro participaron no Acto Arte pola Igualdade no Teatro Colón. Neste acto dase a coñecer o traballo de integración que se desenvolve nos centros educativos que forman parte deste proxecto.

Máis concretamente, os nosos nenos e nenas participaron na obra Belulo que a súa nai escribiu a Mateo Vaquero, alumno do noso centro.

Foi unha tarde emocionante e moi emotiva onde os seus compañeiros e compañeiras quixeron apoiar o proxecto e a obra. Noraboa a tod@s!

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

ACHÉGASE A FESTA DA NOSA LINGUA, ASÍ QUE NON HABERÁ MELLOR MANEIRA DE CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUNHA FESTA CHEA DE CANCIÓNS POPULARES...

TEDES AQUÍ AS QUE IMOS ENSAIAR NAS CLASES. MOITAS GRAZAS AOS NOS@S ARTISTAS INÉS, ANDREA E FUCO!!!

 

EXCURSIÓN A CANTABRIA DE 6º DE PRIMARIA

A EXCURSIÓNS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA DE FINAL DE CURSO FOI TODO UN ÉXITO.

OS NENOS E NENAS PORTÁRONSE XENIAL E GOZARON DE MOITAS ACTIVIDADES E EXCURSIÓNS POR CANTABRIA: ACTIVIDADES DEPORTIVAS, SENDERISMO, VISITA A CABÁRCENO, FUENTE DE....

NON PODERÍA HABER UNHA DESPEDIDA MELLOR!!!

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Dende o Equipo de Biblioteca do Centro, durante este curso e como actividade de fomento da lectura, realizaron unhas actividades chulísimas, onde os "maiores" leron libros aos nenos e nenas máis novos do colexio.

Esas xornadas foron un éxito e todos gozaron cun pequeno momento lector un pouquiño máis diferente do habitual...

Podedes ver moitas imaxes deses momentos facendo clic na imaxe:

RETALLOS ESTAMPADOS

O primero ciclo de Primaria rematou o segundo trimestre, cunha actividade organizada dende o Departamento de Normalización Lingüística “Retallos Estampados”.

Os alumnos e alumnas aprenderon cousas da vida e obra do artista Luís Seoane, ao que se adicou este ano o Día das Artes Galegas, e, ademais, realizaron unha reprodución dun cadro do propio autor coa técnica da estampación.

 

CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE TODO EDUCACIÓN INFANTIL ACUDIRON AO CONCERTO "RAÍCES" NO PALACIO DA ÓPERA EN CORUÑA.

FOI MOI DIVERTIDA TANTO A EXCURSIÓN COMO O PROPIO CONCERTO ONDE ESCOITARON COMPOSICIÓNS AFRICANAS ONDE PREDOMINABA AS PERCUSIÓNS.

 

Distribuir contido