Este ano haberá moita arte...

ATENCIÓN FAMILIAS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

No curso actual 19/20, o noso centro pasa a formar parte da iniciativa EDIXGAL para o curso de 5º de Primaria co compromiso de mantelo cando menos durante catro cursos consecutivos. Tal e como establece o condicionado do proxecto os pais deberán comprometerse a velar polo bo uso do equipo transmitíndolle esa mensaxe aos fillos incluso no caso de que o dito equipo non se leve para casa. Resulta, polo tanto, moi aconsellable que pais/ nais/titores legais (segundo o caso) asinen o acordo de cesión de uso do ordenador que é o documento que levan hoxe para casa.

Agradecemos como sempre a vosa colaboración e confiamos que esta iniciativa sexa positiva para tod@s.

O Equipo Directivo.