Este ano haberá moita arte...

1º MANDATO DA MECA LUISIÑA

Boas Familias!!!

Como cada ano polo Entroido, chega ao noso colexio a meca Luisiña que catro mandatos traerá para divertirnos e pasalo ben. Lembrade que os mandatos son acumulativos e que "cada día traerás e o anterior non quitarás".

 

Velaí vai o primeiro mandato para o luns 17:

PARA IR PREPARANDO AO FINAL UN BONITO DISFRAZ...

QUE MELLOR QUE TRAER O LUNS ALGO BEN VISTOSO NA CABEZA?

 

Ademais este ano conta cun novo axudante...

 

 

RECORDADE QUE MAÑÁ TEMOS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS!!!!

Bo día, familias!!!!

 

Recordade que mañá, día 13 de febreiro, ás 17:00 horas, todas as familias interesadas en coñecer as instalacións e o funcionamento do colexio poderán facelo nunha visita guiada con algúns mestres do colexio.

Podedes atopar máis información sobre o funcionamento, proxectos e servizos que o noso cole oferta nesta páxina web, na marxe esquerda, cunha presentación e varios enlaces.

 

Estamos desexando coñecervos!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O DÍA 11 DE FEBREIRO FESTÉXASE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NA CIENCIA E DENTRO DAS NUMEROSAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS E ESTAMOS A FACER NAS AULAS, PODEDES VER, NA ENTRADA, OS TRABALLOS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA SOBRE DIFERENTES MULLERES CIENTÍFICAS.

 

NORABOA ÁS PREMIADAS!!!!

TEMOS A SORTE DE CONTAR CON TRES NENAS PREMIADAS EN VARIOS CONCURSOS DO CONCELLO DE OLEIROS.

NO PRIMEIRO CASO, NO CONCURSO DE RELATOS "COÑECE OLEIROS" TEMOS TRES PREMIADAS:

1ª categoría A PREMIADA FOI KYRA DE 3º DE PRIMARIA

2º categoría A PREMIADA FOI  MARÍA DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

3ª categoría A PREMIADA FOI INÉS DE 5º DE PRIMARIA

 

 

ADEMÁIS UNHA DESTAS ALUMNAS FIXO DOBLETE NOS PREMIOS XA QUE MARÍA GAÑOU O CONCURSO DE DESEÑO PARA O CARTEL DO ENTROIDO DO CONCELLO.

NORABOA CAMPIONAS!!!!

RESOLUCIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE ANO 2019 DO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!

 

Temos a sorte de comezar o ano e o novo trimestre  notificando a concesión da subvención para a promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros.

 

Podedes ver os detalles no adxunto a esta mensaxe.

 

 

MOITAS GRAZAS, DE NOVO, AO CONCELLO DE OLEIROS.

CHARLA INFORMATIVA:BO USO DE INTERNET, XOGOS E REDES SOCIAIS PARA ALUMNOS ATA 6º DE EP

Boas familias,

 

Recordamos que hoxe, ás 19:00 horas na sala de usos múltiples do colexio (1º andar), podedes asistir a unha charla informativa sobre o bo uso de internet, xogos e redes sociais e todo o que esto conleva en alumnos de ata 6º de primaria.

Debido a relevancia que cada vez ten esta temática nas nosas vidas diarias, consideramos moi importante a vosa presenza e poder iformarnos e axudarnos entre todos.

 

Agardámosvos!!!!!

EXCURSIÓN 6º DE PRIMARIA Á TERRA CHÁ

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE PRIMARIA VISITARON A PRECIOSA ZONA DA TERRA CHÁ, EN OUTEIRO DE REI. ALÍ ESTIVERON NA CASA DE MANUEL MARÍA , XANTARON Á BEIRA DO RÍO MIÑO, A LAGO DE COSPEITO E GABEARON AS PENAS DE RODAS.

TIVERON UN DÍA ESTUPENDO!!!

PODEMOS CAMBIAR O MUNDO

PROPOSTA DE TRABALLO HACIA UN AFORRO ENERXÉTICO QUE FAI O EQUIPO DO BOSQUE DENDE BOAS PRÁCTICAS.

COIDEMOS DO PLANETA!!!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Bo día, familias!!!!

 

Informamos de que o día 13 de febreiro, ás 17:00 horas, todas as familias interesadas en coñecer as instalacións e o funcionamento do colexio poderán facelo nunha visita guiada con algúns mestres do colexio.

Podedes atopar máis información sobre o funcionamento, proxectos e servizos que o noso cole oferta nesta páxina web, na marxe esquerda, cunha presentación e varios enlaces.

 

Agardámosvos!!

DÍA DA PAZ

PODEDES VER COMO FORON OS FESTEXOS POLO DÍA DA PAZ NO NOSO COLE. UN DÍA CHEO DE MÚSICA, BAILES, APERTAS E MOITAS RISAS.

CONTAMOS COA ACTUACIÓN DE PABLO DÍAZ E TODO O CENTRO PARTICIPOU NUNHA XORNADA CHEA DE ACTIVIDADES!!

FELIZ DÍA DA PAZ!!!

 

Distribuir contido