Skip to Content

Blogues

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

O luns 11 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. Os prazos a ter en conta son os seguintes:

  • Presentación de solicitudes: 11 a 18 de maio.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só se hai máis solicitudes que postos e, polo tanto, haxa que baremalas): ata o 26 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  • Reclamacións: 3 días hábiles dende a antedita publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño.
 

Matrícula ordinaria para todas as etapas: 1 ao 10 de xullo

Durante o proceso de admisión o centro permanecerá aberto de 10:00 a 13:00 para calquera trámite, dúbida ou consulta.

Pola IGUALDADE no CEIP Plurilingüe de Lousada

Este curso escolar 2018-2019 voltamos a participar por segundo ano no Plan Proxecta Donas de sí.

Sendo conscientes da importancia de concienciar ao noso alumnado sobre unha problemática moi presente na nosa sociedade decidimos continuar a realizar actividades no centro encamiñadas a visibilizar esta situación e a fomentar unha actitude crítica do noso alumnado hacia á mesma. 

Educando as nosas nenas e nenos na igualdade de xénero e de dereitos poremos o noso gran de area para continuar a construir entre todas e todos unha sociedade mellor.

 

 

Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) - Educación Dixital

Acceso á páxina de contidos do proxecto, EVA dixital, premendo na imaxe.

 

Software Abalar - Listaxe e descripción programas do portátil do alumnado

INFORMACIÓN ÚTIL para FAMILIAS e ALUMNADO

Os ordenadores do proxecto E-dixgal do alumnado ten unha serie de programas libres (software libre) que poden ser moi útiles para desenvolver distintas capacidades e para traballar en diferentes tipos de proxectos.

Para axudar tanto as familias na orientación dos seus fillas/os, como ao alumnado para escoller o mellor programa para a tarefa que teñen que realizar, deixamos no seguinte enlace o acceso a unha descripción de cada un dos programas instalados nos portátiles.

Preme na seguinte imaxe para acceder á páxina:

Que é ser un centro Plurilingüe?

Un centro Plurilingüe é aquel no que se imparte nunha lingua extranxeira áreas ou materias non lingüísticas. 

No noso centro comezamos esta experiencia no curso 2015-2016 na materia de Educación Artística. 

Visto o positivos que foron os resultados obtidos na educación primaria, neste curso sumamos os cursos de educación infantil a esta iniciativa implantando o Plurinfantil.

O aprendizaxe de linguas extranxeiras e o desarrollo de competencias lingüísticas e comunicativas cobra, cada día máis, un papel moi importante na nosa sociedade, polo que dende o centro, queremos aproveitar as capacidades de adquisición lingüistica que ten o noso alumnado dende idades temperás.

Non perdades ollo a todas as actividades que levamos a cabo, nas que o noso alumnado ten moi claros os obxectivos:

Play, Learn and Having Fun 

Distribuir contido


by Dr. Radut