Skip to Content

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

O luns 11 de maio restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. Os prazos a ter en conta son os seguintes:

  • Presentación de solicitudes: 11 a 18 de maio.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só se hai máis solicitudes que postos e, polo tanto, haxa que baremalas): ata o 26 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  • Reclamacións: 3 días hábiles dende a antedita publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño.
 

Matrícula ordinaria para todas as etapas: 1 ao 10 de xullo

Durante o proceso de admisión o centro permanecerá aberto de 10:00 a 13:00 para calquera trámite, dúbida ou consulta.

Para axudar ao mantemento das medidas de protección establecidas durante a pandemia recomendamos pedir cita previa chamando ao teléfono 982 87 03 66.

ESPERAMOS VERVOS PRONTO!!



blog | by Dr. Radut