blogue deDirección

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 20 FEBREIRO 2024 17:00h.

O vindeiro martes 20 de febreiro ás 17:00 no salón de usos mútilples de Infantil, levarase a cabo unha xuntanza informativa para coñecer o colexio.

COÑECENDO O RUGBY.

A pasada semana o alumnado de 6º, 3º e 4º de primaria coñeceron o nobre deporte do Rugby. Dan man do Santiago Rugby e a Asociación Valentes o alumnado, durante a clase de Ed. Física, practicaron co balón ovalado e houbo un tempo para os placaxes que foi o que máis lles gustou. Grazas a todos os adestradores/as e xogadoras que nos viñeron a ensinar o rugby.


 

 

 

TEATRO PARA DESPEDIR O TRIMESTRE.

        O pasado xoves 21 de decembro, coma despedida do trimestre e do ano 23, o alumnado do colexio asistiu a unhas representacións teatrais. Dentro do PDI que queremos iniciar este curso “A escena!” relacionado co 40 aniversario de Centro Dramático Galego, quixemos ir quentando motores. O alumnado de Infantil e 1º e 2º de primaria pasaron pola sala multiusos de psicomotricidade para ver o espectáculo de monicreques e música tradicional que nos trouxeron “Os Monifates”. Por outra banda, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria acudiu ao salón de actos do CIFP. Compostela, (que amablemente nolo cederon e polo que, desde aquí lles damos as grazas de novo), á representación da obra “Cartoóns” da compañía Excéntrica Teatro.

        As dúas compañías fixéronnolo pasar xenial e agardemos que o alumnado quedara con gañas de máis para coller pulo para o PDI e saltar a escena.

 

 

 

TELEXORNAL 6º A INFANTIL

O alumnado de 6º A de Infantil presenta o telexornal, moi atentos ás últimas novas.

Premer na imaxe.

BREAKDANCE!

Esta mañá o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria gozaron dunha sesión de breakdance. Da man da Escola de danza e centro de adestramento BreakInclan e en colaboración co departamento de Ed. Física, o alumnado aprendeu e practicou un pasos desta disciplina (Breaking) que será olímpica por primeira vez na vindeira olimpíada de París 2024. Tamén deleitáronse coas acrobacias e bailes de Artur, Sergi e Rubén e moitos/as nenos/as tamén se atreveron a amosar as súas habilidades.

 

 

ANDAINA 25N

O pasado 24 de novembro organizouse desde o Equipo de Convivencia unha andaina para dar visibilidade ao Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Tras a andaina, todo o alumnado do centro e profesorado, cantaron a canción "Anagnórise" de A banda da loba.

Premer na imaxe para ver a montaxe de fotos.

Canción "Anagnórise" de A Banda da loba cantada polo alumnado e profesorado do Lamas.

 

 

 

PLAN DIRECTOR. ACOSO ESCOLAR

Dentro do programa Plan Director da Policía Nacional, o alumnado de 5º e 6º de primaria, recibiu o pasado venres e este luns unha charla sobre o acoso escolar e os perigos da rede. 

  

BIBLIOTECA EN MARCHA 23-24

Para ser usuario da Biblioteca polas tardes, a partir de outubro de luns a xoves, as familias do alumnado de primaria terán que solicitar cita previa por correo electrónico para evitar problemas co aforo. O alumnado de Infantil poderá asistir se está acompañado dun adulto.

A través da contaceip.lamas.abade@edu.xunta.gal indicarase:

 - Nome e apelidos do neno/a:

 - Curso:

 -  Día e Hora: * se vai a ser usuario/a de xeito sistemático (todos os martes de 16:30-17:30 por exemplo) con mandar un correo indicando esta circunstancia chegaría. Non fará falta mandar aviso todas as semanas.

 - Ten permiso para saír só do colexio para casa? Persoas autorizadas para recollelo/a?

Tamén lembramos que os pais/nais poden facerse usuarios da biblioteca. Indicarlle ao profesor/a que estea de garda na biblioteca ou a través do correo electrónico.

INICIO DE CURSO 23-24

Estimadas familias:

Benvidas ao curso escolar 23-24.

 A data de incorporación do alumnado de infantil e primaria ás aulas será o luns 11 de setembro con funcionamento normal (agás alumnado 3 anos) de madrugadores, comedor e transporte.

          O horario de entrada será ás 08:50 ate ás 9:00 e o de saída ás 14:00 horas. A entrada e saída farase como se fixo o curso pasado. O alumnado transportado entrará polo portalón de arriba e o alumnado de Primaria que vén acompañado pola familia, entrará so polo portalón situado na parte de abaixo. Desde as 8:50 e ata as 9:00 horas estará unha persoa de garda para que o alumnado poida acceder ao centro por esta porta. A partir dese momento a entrada será polo portalón principal e haberá que chamar no timbre do portalón de arriba.

 Para a recollida na saída, as familias agardarán no espazo valado, como o curso pasado, a partir das 13:50-55. Sairán primeiro os dos curso máis baixos.

O alumnado de Ed. Infantil xunto coas familias agardará desde ás 8:50 no patio de columnas de abaixo ate que toque o timbre de entrada para logo acceder polas escaleiras ate a entrada principal do edificio de Infantil, onde deixarán aos nenos/as co profesorado que alí estea de garda.

Para no interferir co alumnado de primaria, aconsellamos que a entrada para o patio de columnas a fagan pola porta pequena do pavillón.

A recollida farase na entrada principal do edificio de Infantil.

 Recordamos ás familias a importancia da puntualidade dos nenos e nenas, para non interferir na boa marcha das clases.

 

ABALARMÓBIL:

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece ABALARMÓBIL. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar e recibir información dos seus fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Xa está actualizada para o curso 23-24. Aquelas familias que aínda non dispoñan desta aplicación poden obter información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

  

BECAS ANEAE:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplamasabade/node/611

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

 

 

 

 

HORARIO VERÁN ATENCIÓN PÚBLICO DE 10:00-13:00.

Dende o 22 de xuño ate o 31 de xullo o horario de atención ao público é de 10:00 a 13:00.

 

Distribuir contido