Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia DNI pai, nai, titores/as.
- Tres fotografías, actualizadas, tamaño carné para alumnado de infantil.
- Impreso de lingua materna infantil. (Arquivo adxunto)
- Impreso de solicitude de transporte no caso de ser necesario. (Arquivo adxunto).
- Autorización imaxes. (Arquivo adxunto).
Hoxe tivemos no colexio o acto de entrega de premios do concurso escolar “Que contas?” que organizou FEARMAGA (Federación empresarial de aserradeiros e rematantes de madeira de Galicia).
No acto participaron Elier Ojea (presidente de FEARMAGA), Ana Oróns (secretaria xeral de FEARMAGA), Mercedes Rois (directora Área Innovación da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA) e Jacobo Aboal (director da Axencia Galega da Industria Forestal, XERA).
Os gañadores do concurso foron os seguintes:
PREMIOS CATEGORÍA AUDIOVISUAL:
Centros gañadores: EEI Monte do Alba de Vigo e CPR Padre Féijóo Zorelle de Ourense
PREMIOS CATEGORÍA ARTÍSTICA:
Centro gañadores: CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de CEE e CEIP Lamas de Abade de Compostela.
Parabéns a todos os colexios e en especial a Marta e a súa clase de Infantil polo seu premio.
Martiño e Daniela de 6º exerceron de presentadores.
O pasado 15 de maio celebramos a festa dos maios. Como cada ano foi un día festivo cheo de ledicia, onde tanto nenos e nenas, profes e familias colaboraron de maneira excepcional para que puideramos gozar todos xuntos.
Aquí vos deixamos un enlace onde poderedes ver un vídeo resumen deste día.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
+ premer na imaxe.
CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024.
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). O prazo para presentar as solicitudes é dende o 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 ambos inclusive.
- Fondo solidario de libros de texto (préstamo libros): so para alumnado que vaia a cursar 3º e 4º de primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto: so para alumnado que vaia a cursar 1º e 2º de primaria.
- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vaia a cursar primaria cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
- O alumnado que vai a cursar 5º e 6º de primaria participan no proxecto E-DIXGAL, polo que non precisan libros de texto.
Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu, en dúas sesións, unhas charlas sobre Saúde Mental. A asociación Itínera (http://www.asociacionitinera.com ) foi a encargada de levar a cabo estas interesantes sesións. Este programa estivo promocionado pola Concellería de Mocidade do Concello de Santiago. Agradecemos a ambos a súa dispoñibilidade.
Hoxe o alumnado de 2º e 3 de primaria asistiu no colexio a unha pequena mostra do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Teñen aberto o prazo de matriculación para os nenos/as que queiran iniciarse na música.
Para máis info: https://www.conservatoriosantiago.gal
Prazo de Admisión:
Será do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive.
Horario de atención: L-V 9:00 - 14:00 H
Martes: 16:30-18:30 H
Presentación de solicitudes:
A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.
Documentación a presentar coa solicitude:
NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.
Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.
A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.
A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.
Normativa relacionada.
Hoxe botou a andar de novo o club de radio co alumnado que este curso pasou para 5º de primaria. Reuniranse todos os martes no recreo coordinados polo profesor Fran. Comezamos escoitando e vendo a Ortega, un fenómeno radiofónico, para que comprobasen como “trabaja un demente en la Ser”.
Hoxe comezan a viaxar as mochilas ás casas. Lembrade que a idea é compartir lecturas en familia aínda que tamén poden facerse de xeito individual. É importante que as mochilas se devolvan en tempo (de venres a venres) para que todo o alumnado poida gozalas. Que teñades boas lecturas.