Este martes 19 realizouse o Obradoiro de Lecturas de Nadal. A continuación deixamos un vídeo con algunha das imaxes.
O libro elexido este ano foi "Un mosquito de nome Henri", obra gañadora do X Premio Barriga Verde (modalidade infantil), editada e coeditada por AGADIC e Bahía Edicións.
Estase cocendo unha boa... porque estes nenos de quinto de primaria desexan voltar do Nadal para celebrar un pequeno teatro e que todos os alumn@s do Ceip Lamas de Abade poidan disfrutar dalgunha das escenas preferidas deles
Mentras tanto deixamos unhas fotos dalgunha sesión do Club de Lectura.
O Club de Lectura tamén vos desexa un bo Nadal cheo de libros, xa que a lectura exercita o cerebro manténdoo activo e saudable!!
"O que ama a lectura ten todo ao seu alcance" W. Godwin
Onte o alumnado do Club de Radio recibiu unha formación da man de Damián do colectivo Ponte nas Ondas. Unha xornada moi produtiva onde coñeceron o programa de edición Audacity, como elaborar guións e como gravar os podcast. En breve subiremos o resultado.
Esta mañá o alumnado de 5º de primaria recibiu na biblioteca un obradoiro micófilo por parte do biólogo Borja Gómez en colaboración coa Asociación Medioambiental AMABUL (Ama a biodiversidade ullá). A través da exposición "Wood Wide Web-A Rede que dá vida ao planeta" os nenos/as coñeceron a importancia ecolóxica e ambiental dos cogomelos.
Desde hai 15 días o alumnado de Infantil estreou a nova bolsa-bandoleira do proxecto da Asesoría de Bibliotecas "Libros que van e veñen". Agardamos que as lecturas viaxen a casa con maior comodidade e sexan do agrado das familias.
O pasado venres resolveuse o I concurso de Lemas “Tecendo Comunidades” co gallo da celebración do Día das Bibliotecas (24 outubro).
Os gañadores/as foron:
– 1ª categoría: rapaces e rapazas de Infantil: quedou deserto
– 2ª categoría: rapaces e rapazas de 1º, 2 e 3º de primaria: Martín Pérez (1ºC).
– 3ª categoría: rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria. Uxía, Martina, Lucía, Jimena e Xoana de 6º.
Tamén houbo agasallo para as clases de 1º A, 1º B, 1º C e 4º B pola súa participación, tanto en conxunto coma en individual.
Grazas a todos/as os participantes por aportar os seus lemas, e a seguir vindo pola biblioteca.
O equipo de biblioteca convoca I concurso de Lemas “Tecendo Comunidades” co gallo da celebración do Día das Bibliotecas (24 outubro). A temática do lema ten que estar relacionado coas bibliotecas escolares. O lema pode estar acompañado dun debuxo e feito coa técnica que se queira, e pode presentarse en dous tamaños: A4 ou A3 (Orientación a que se queira: horizontal ou vertical) sendo a lingua dos lemas en galego.
Poden presentarse traballos individualmente ou de grupo.
As categorías do concurso están divididas por idades:
– 1ª categoría: rapaces e rapazas de Infantil.
– 2ª categoría: rapaces e rapazas de 1º, 2 e 3º de primaria.
– 3ª categoría: rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria.
Os lemas poden deixarse na Biblioteca na Caixa habilitada poñendo o nome e apelidos do autor/a por detrás ou enviarse por correo electrónico a: bibliotecalamas@gmail.com (a obra será remitida como arquivo adxunto e non pode vir asinada pola autora ou polo autor, este dato xunto co curso, deben vir no corpo do correo electrónico e no asunto indicarase I Concurso de Lemas.
O prazo para participar estará aberto ata o 24 de outubro de
2023.
A decisión do xurado coñecerase nun acto público na
biblioteca durante o recreo do venres 27 de outubro de 2023.
Agardamos a participación de todas as persoas interesadas e
moita sorte a todos/as.
Haberá agasallos para cada categoría.
Máis información sobre a celebración do Día das Bibliotecas.
Desde o 2 de outubro abriu a biblioteca tanto nos recreos coma pola tarde. Abadiño está encantado de recibir de novo a toda a comunidade educativa.
Hoxe comezan a circular as Mochilas Viaxeiras, unha en cada curso. A idea das Mochilas é que as familias poidan compartir momentos de lecer a través dos libros.
Agardamos que sexan do voso agrado.
Atentamente.
Abadiño.