OS MARCAPÁXINAS: CLUB DE LECTURA

logoclublectura

Os pasapáxinas: blog club de lectura

Obra de teatro: Un mosquito de nome Henri

O día 20 de xuño os dous clubs de lectura realizaron unha adaptación de teatro do libro lido este ano "Un mosquito de nome Henri".

A obra resultoulles moi divertida e o elenco caracterizado como os personaxes do libro representaron varias escenas de forma brillante. Facendo dous pases ao longo da maña para todo o alumnado do Ceip Lamas de Abade.

O público estivo moi atento, disfrutou moito da representación e os actores desexaron que volvera iniciarse o curso para inscribirse de novo no club de lectura.

Que pasedes moi bo verán e vémonos en setembro!!

 

Festiña para os Clubs de Lectura e o Club de radio.

Para conmemorar o moito e ben que traballaron os alumn@s este ano nos Clubs de Lectura e no Club de radio fixémoslles unha festiña durante o recreo con bocadiños moi sabrosos. Por aqui vos deixo unhas fotiños.

Marcapáxinas para os membros do Club de Lectura

Para todos @s membr@s participantes do Club de Lectura elaboráronse uns marcapáxinas co nome personalizado. Por diante coa mellor voz de veludo, Miss Tulula e por detrás con Henri e Olivia. Quedaron moi chulos!!

Segundo grupo no Club de Lectura

O segundo grupo do Club de Lectura comezou o xoves pasado con moitísimas ganas, ilusión e enerxía.

Por aquí vos deixo unhas fotos da lectura das primeiras esceas Risa

NOVO CLUB DE LECTURA: OS PEQUEN@S LECTORES

Onte estivemos de estreo. Por iniciativa das alumnas de 4ºC de primaria Andrea e Uxía Iglesias crearon na súa aula o club de lectura “Os pequen@s lectores”.

O club fórmano 8 alumnos/as e na súa primeira reunión asinaron o seu compromiso de pertenza, elixiron o nome do club e xa falaron do seu primeiro libro que empezaron a ler  “Amy y la biblioteca secreta” de Alan Gratz. Ademais as coordinadoras do club agasallaron aos integrantes do mesmo cun marcapáxinas personalizado.

 

Parabéns pola iniciativa e desexámosvos longa vida ao club e moitas boas lecturas.

 

Remate co primeiro grupo de lectura

E así de contentos rematamos con este primeiro grupo no Club de Lectura. Despois de elexir as escenas que máis lles gustaron adicámoslle un par de días a representación destas escenas. Coa idea de representala de cara a finais de curso diante dos alumnos do cole. Foi todo un pracer e disfrutamos moito!!

Agasallo para @s membr@s do Club de Lectura

Para todos @s membr@s participantes do Club de Lectura elaboráronse unhas chapas co nome personalizado e quedaron así de molonas!

 

Tamén se fixo o reparto de personaxes e a escolla das escenas preferidas dos participantes, o secuestro de Tulula, que intentarán representar nos próximos días.

 

Un mosquito de nome Henri

O libro elexido este ano foi "Un mosquito de nome Henri", obra gañadora do X Premio Barriga Verde (modalidade infantil), editada e coeditada por AGADIC e Bahía Edicións.

Estase cocendo unha boa... porque estes nenos de quinto de primaria desexan voltar do Nadal para celebrar un pequeno teatro e que todos os alumn@s do Ceip Lamas de Abade poidan disfrutar dalgunha das escenas preferidas deles Guiño

 

Mentras tanto deixamos unhas fotos dalgunha sesión do Club de Lectura.

     

  

O Club de Lectura tamén vos desexa un bo Nadal cheo de libros, xa que a lectura exercita o cerebro manténdoo activo e saudable!!

"O que ama a lectura ten todo ao seu alcance" W. Godwin

Despedida e final de Tam 2.

Que mellor maneira de rematar un libro que coa compañía das titoras dos membros do club, que nos acompañaron nunha sesión lendo con nós o final de Tam 2.

 

Comeza un novo grupo!!

Hoxe, 7 de febreiro, comeza o terceiro dos grupos do Club de lectura "Os pasapáxinas". Presentámosvos aos membros deste grupo que, tras ler o argumento de Amy y la biblioteca secreta de Alan Gratz, decidiron adentrarse nas súas páxinas.

 

 

Como membros dun grupo, todas e todos obtivemos o noso agasallo: unha chapa cos nosos nomes que nos identifica como lectoras e lectores de "Os pasapáxinas".

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido