Hoxe quixemos conmemorar as Letras Galegas con dúas actuacións.
O alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria, asistiu a representación teatral “A Carmucha durmiñona” da Compañía Medrar-T.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria asistiu ao espectáculo de maxia “As nosas Letras” da man do Mago Teto.
Dous espectáculos moi entretidos e divulgativos que fixeron pasar a todo o alumnado do Lamas unha mañá especial de xeito diferente.
O pasado mércores 8 o alumnado de 4º primaria asistiu a VI Gala de Educación Viaria organizada polo Concello e Policia Local. Ao longo do curso participaron en distintas charlas, visitas e obradoiros relacionados coa educación vial.
Onte o alumnado de 5º de primaria participou nunha charla enmarcada no programa "Navega con rumbo". Estivo organizada polo Colexio profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. Xirou arredor dos riscos de Internet. Grazas a Enrique Agrasar polos seus consellos e achegas.
Saiu hoxe a resolución definitiva da convocatoria de NEAE 2023/24 para que os alumnos/as poidan presentar recurso de reposición.
Adxúntase modelo de impreso recurso de reposición por se o precisa alguén.
O devandito recurso debe presentarse segundo se indica a continuación.
Imprima os documentos que lle remitimos, léaos con atención , cúbraos e xunto con toda a documentación que considere necesaria ou que lle requiren presénteos a través de:
Xeito presencial:
REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)
Xeito telemático:
·
No seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/portada (ten que estar autorizado: CHAVE 365)
A pasada semana o alumnado de 5º e 6º de primaria participou no proxecto de Afundación “Plantando árbores con pinceis”. Un programa pioneiro pola sostibilidade que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos Colaborativos e Ecolóxicos e obradoiros de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación.
O alumnado de 6º realizou o mural e o alumnado de 5º participou no obradoiro de pintado de bolsas.
Para a realización desta actividade colaborou ademais de o colexio, a ANPA, a asociación Vella Escola Cultura Urbana e Afundación.
O resultado do mural, baseado en varios bocexos feitos polo alumnado, podédelo ver no patio de columnas de abaixo.
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso non centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?
Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!
1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro.
3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro.
Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa na páxina web do teu centro.
Informamos que non hai que baremar. Foi admitido todo o alumnado que presentou neste centro unha solicitude no proceso de admisión para o curso 24-25.
Prazo de solicitude:
· Do 1 de marzo ao 20 de marzo (inclusive)
Onde presentar a solicitude:
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO DO PROXENITOR/A, de selo caso, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Documentación a presentar coa solicitude .
· Documento acreditativo do alumno (Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte....)
· Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte, do (Pai, nai, o titor legal).
**** Se existen mais solicitudes que prazas, dará comezo a baremación dos criterios alegados na solicitude e abrirase un prazo de 10 días para a entrega da documentación correspondente.
Normativa relacionada.
· Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
· Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B)
· Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Nestes días o alumnado de 4º de primaria participou na actividade organizada pola Oficina de Igualdade de Xénero: "Unha enxeñeira ou científica en cada cole".
O alumnado de 4º A e 4º C participou no obradoiro Exploramos para que non nos conten trolas? impartido pola profesora Paula Saavedra Nieves do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O alumnado de 4º B participou no obradoiro Lume no monte impartido pola profesora Otilia Reyes Ferreira e a investigadora Sheila Fernández Riveiro do departamento de Ecoloxía da Facultade de Bioloxía.
Foron unhas actividades moi interesantes e oxalá que esperte no noso alumnado a paixón pola ciencia e a matemática como nos amosaron as nosas poñentes. Moitas grazas pola vosa presenza.
Oferta provisional de vacantes para o próximo curso escolar 24-25.