Dende o curso 2013-2014, a nosa biblioteca escolar conta coa posibilidade de ofertar libros electrónicos aos seus usuarios. Comezamos con tres e agora xa temos sete libros. Ao principio do proxecto E-LBE, os libros electrónicos permanecían nas titorías. Neste curso académico 2015-2016, o alumnado terá a posibilidade de utilizar os ebooks na propia biblioteca do centro en dúas situacións ben diferentes: na hora de biblioteca co seu titor ou só a partir de terceiro de primaria na hora do recreo.
Na nosa biblioteca Plambe os verdadeiros protagonistas son os alumn@s colaboradores. Como xa sabedes realizan tarefas propias de bibliotecari@s. Unha das súas funcións é a de xestionar o uso e estado dos libros electrónicos na hora do recreo. Estas son as súas funcións:
- Colocar os libros electrónicos por orden na mesa indicada.
- Na hora do recreo serán os encargad@s de xestionar os empréstitos dos libros electrónicos.
- Recordarán ao resto do alumnad@ que a lectura realizarase na zona de butacas.
- Unha vez rematada a lectura, supervisarán que cada dispositivo quede na súa funda.
- Por último, supervisarán o estado dos ebooks e avisarán ao profesorado competente no caso de ser necesario.
Seguide atentos e atentas a noso blogue para seguir as novidades en libros electrónicos!!!!!!!!!!