Curso 20 - 21

PROXECTO DE FOMENTO DA LINGUA GALEGA 2020- 2021

 

 
     
 

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA  20-21

 
     
 
  
 

 
 
 
  MEMORIA DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 2020 - 2021   
     

PLAMBE 20-21

           
 

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2020-2021

"PERALIÑO E O MEDIO NATURAL"

 
 
 
 
     

INFORMACIÓN FINAL DE CURSO

       
   

CEIP ISAAC PERAL

FERROL

   
   

      

   
 

ESTAMOS DE VACACIÓNS ATA O MES DE SETEMBRO

  

 
 

 As clases comezarán o 9 de setembro 

Alumnado de 4 anos, 5 anos e E. Primaria (1º a 6º):

 Horario de 9:00 a 14:00 h  

Alumnado de 3 anos

Reunión coas familias o día 6 de SETEMBRO ás 11:30 h

 
     
 

CALENDARIO ESCOLAR 2021 - 2022

 
     
 

 HORARIO DE OFICINA DURANTE O VERÁN

 


A oficina do centro permanecerá aberta:

 

XULLO: do 1 ao 15 de xullo e o mércores 21 de xullo

 

HORARIO: de 10:00 a 13:00 horas

Tlfno. 881 93 02 10/18

Para calquer consulta, petición de certificado ou suxerencia poden dirixirse ao seguinte e-mail:

ceip.isaac.peral@edu.xunta.gal

 
     
 

FONDO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 8 de xullo

      

ENTREGA DOS VALES

1º e 2º de E. Primaria: martes 13 de xullo de 10 a 13 h.

3º e 4º de E. Primaria: mércores 14 de xullo de 10 a 13 h.

5º e 6º de E. Primaria: xoves 15 de xullo de 10 a 13 h.

 
     
  Libros curso 2009-2010LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO e MATERIAIS para o vindeiro cursoLibros curso 2009-2010  
     
 

En E. Infantil a entrega do libro de Relixión será o primeiro día de clase

En 1º de E. Primaria entregaranse os libros de texto e material escolar o xoves día 2 de setembro de 10 a 12 h

En 2º de E. Primaria entregaranse os libros de texto e material escolar o día 2 de setembro de 12 a 14 h

 
     
 

 
 
     
           

FIN DE CURSO 2020/2021

             
               
     

... 

COMEZAN AS VACACIÓNS DE VERÁN!   

Preme na imaxe para descubrir a despedida que argallou o cole

     
           
             

FIN DE CURSO 20/21

             
     

  

     
       
     
             
             
     

                   

 

... 

   

COMEZAN AS VACACIÓNS DE VERÁN!

     
             
             
             
             
             
     

O noso alumnado neste curso 2020- 2021

Un novo curso acaba. Dende aquí despedimos con moito agarimo ao noso alumnado deste curso.

Premer na imaxe para ver as orlas deste curso 20 - 21

     
             
             
             
     

Así despedimos este curso tan atípico

A comunidade educativa do noso cole deséxavos un moi feliz verán! 

     
     

 

     
             
             
             
     

     
     

Os nosos nenos e nenas de 6º rematan a súa viaxe no centro e con eles, levan un anaco de todos nós.

Preme na imaxe para viaxar no tempo

     
     

Recordade que...

Xuntos somos unhae que brillades como as   

     
     

Botádelle unha ollada a estes vídeos de despedida. 

     
     

 

     
     

     
      E seguindo a tradición, as orlas dixitais dos nosos recén graduados      
     

     
                   
     

O voso cole sempre estará aberto para todos vós. Seguide remando xuntos!

Unha aperta virtual grande piñas e estrelas.Guiño

     
     

Preme na imaxe dos birretes para ver fotos da graduación de 6º

     
     

 

     
      Preme na imaxe do bus para ver fotos da excursión de fin de curso      
             
             
           
     

Actividades realizadas no curso 2020-21 

 Actividades da biblioteca

Actividades de Dinamización da Lingua Galega

Actividades de convivencia

Actividades complementarias

Imaxes deste curso

Vídeos deste curso

     
     

MareiriñaÚltimo número da revista Mareiriña

 

 

     
             
           
             

Gran exposición das esculturas

             
   
 
 

Este martes celebramos a GRAN EXPOSICIÓN DAS ESCULTURAS.

As crianzas de Educación Infantil traballaron arreo para ter todo listo para o gran día.

Para ver as imaxes e o vídeo do percorrido preme aquí abaixo.

   
             
                                   Moitas grazas ás familias por colaborar con nós e acudir á exposición!                     
             

LETRAS GALEGAS 2021

     
     
 


 
 

 Na semana do 10 ao 14 de maio, o noso colexio estivo a traballar a figura de Xela Arias , incentivando ao mesmo tempo, con distintas actividades, a nosa  Lingua Galega, baixo o lema "NON CONFINES O GALEGO".

PREME NA IMAXE DE XELA PARA VER O CONTIDO DESTA NOTICIA

 
     

OS MAIOS 2021

     
   
 

Outro ano máis chegaron os maios ao Isaac Peral.

PREME NA FLOR

 

 
     

LETRAS GALEGAS 2021

 
 
                 
   
 

 

 Este ano o día das Letras Galegas

está adicado a

 Preme no nome da autora para acceder aos recursos

     
     

Exposición: Peraliño e o medio natural.

             
       

Nas entradas de Infantil e Primaria contamos cunha exposición sobre o proxecto que estamos a desenvolver este curso.

Esperamos que vos gusten!

   
             
                                                                    
             

Día do Libro 2021

             
       

O 23 de abril celebramos o día do Libro no colexio.

Premede na imaxe para ver todo o que fixemos!

   
             
             
             

XORNADA DE SINATURAS DO LIBRO DE ANTÓN CORTIZAS

     
   
     

Antón Cortizas

 O padriño da nosa biblioteca,

  

vén de publicar un fermoso libro de adiviñas titulado

 Preme na imaxe da dereita para saber máis.

Animamos á comunidade educativa do Isaac Peral a participar 

na xornada de sinaturas do libro, o domingo 25 de abril, ás 19 h,

na Feira do Libro de Ferrol. 

     

Novidades biblioteca!

                     
      NOVIDADES NA BIBLIOTECA, PARA SABER MÁIS PREME NA IMAXE!

 

     
             

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN CORTIZAS

         
  PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN CORTIZAS  
 

 

O padriño da nosa biblioteca  publica un novo libro:

"Adiviña esta adiviña"

"Adiviñas a que vai dedicado este libro de adiviñas?

Cal será o mellor momento

deste día, cal será,

para que leas adiviñas

e aprendas a adiviñar?

Cal vai ser? Agora mesmo!

Veña, avante, empeza xa! "

 
 

Invítanos á presentación do seu libro no que colaborou alumnado do noso centro e que agora está en 1º da ESO.

O acto terá lugar o martes , día 13 de abril, no Centro Cívico de Canido ás 19:30h.

Tamén se poderá asistir á xornada de sinaturas do libro o domingo 25 ás 19h, na Feira do Libro de Ferrol.

 

XUBILACIÓN DE Mª JOSÉ

       
  XUBILACIÓN DE Mª JOSÉ
 
 

A nosa compañeira Mª José acaba de xubilarse.

Despois de 32 anos sendo profesora deste centro, 11 anos sendo xefa de estudos e 9 anos sendo directora, chegou o momento de que empece outros retos, os que ela mesma se poña.

Non foi doado despedirnos, nin para ela nin para nós. Non queríamos deixala ir e por iso lle puxemos varias probas que tivo que ir superando.

E, como era de esperar, superounas todas e con nota!!!

Moitas grazas por ser a nosa compañeira e por tanta dedicación ao ensino e ao centro.

A comunidade educativa quere agradecerlle tamén todo o seu traballo e implicación.


 

PARABÉNS E MOITAS GRAZAS POR TODO!!!

 

 
   

ROSALÍA DE CASTRO

     
   
     
 

Neste curso tan diferente,

a escritora máis relevante da nosa lingua,

 

estivo presente nas nosas actividades.

Preme na imaxe para saber máis.

 
     

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

         
  8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
 
 

O Día Internacional da Muller conmemora a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade.

Celébrase o día 8 de marzo e foi institucionalizado polas Nacións Unidas en 1975.

 Premendo na imaxe accédese a recursos para conmmemorar esta data.

 

COMEZAMOS O PROXECTO DA BIBLIOTECA

           
  COMEZAMOS CO PROXECTO DA BIBLIOTECA
 
   

Comezamos co proxecto da biblioteca.

Imos mellorar a saúde do noso planeta.

Preparados e preparadas???

Para máis información premer na imaxe

   
   

ENTROIDO 2021

 

     
   
                                   
 

O entroido chegou ao Isaac Peral nun ano tan especial, mais iso sí con gañas de troula marcada pola COVID.

Preme na imaxe para saber máis

 

Día Escolar Da Non Violencia E Da Paz

             
           
             
     

Este ano celebramos o día da Paz dun xeito diferente,pero moi significativo.

As  foron o noso lenzo para compartir mensaxes de ledicia e conmemorar este día tan especial.

   

Os colares, as diademas, as cadeas de favores e as pombas musicais tamén nos acompañaron ao longo desta xornada.

Preme na imaxe para acceder ao albúm de fotos

 

     
             

XUBILACIÓNS DE SOLE, FERNANDO E JOSÉ LUÍS

       
  XUBILACIÓNS DE SOLE, FERNANDO E JOSÉ LUÍS
 
 

 

Neste ano 2020 que ven de rematar despedimos a tres compañeiros que se xubilaron: Sole, Fernando e José Luís.

 A comunidade educativa do CEIP Isaac Peral quere manifestar o seu agradecemento polos anos de traballo adicados ao noso centro.

Queremos transmitirlles os nosos desexos de que disfruten moito dos anos de xubilación!!!

                

 

 
 

 

   

NADAL 2020

             
                    
             
     

     Así celebramos o Nadal no CEIP Isaac Peral 

                   

          

 

Preme na imaxe para saber máis 

 

     
             

CURTAMETRAXE VÍDEO NADAL 2020

             
           
             
     

    

   

     
             

CUALIFICACIÓNS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

             
     

APLICACIÓN  "abalarMóbil"

O medio de comunicación coas familias

     
             
     

Informamos que as cualificacións do 1º trimestre chegarán ás familias mediante a súa publicación na aplicación abalarMóbil o día 22 de decembro.

     
     

"abalarMóbil" é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.
 
A  Xunta de  Galicia,  coa  finalidade de aumentar  o  acercamento  entre  o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir  aos  responsables  do  alumnado  poder  seguir  a  actividade  dos  seus fillos desde calquera lugar.

Entre outras funcións, dende a aplicación poderán

  • Pedir cita co profesorado.
  • Recibir e, se é o caso, contestar as mensaxes do centro.
  • Recibir e xustificar as faltas de asistencia do alumnado.
  • Consultar as cualificacións do alumnado.

 Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android.
A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema  operativo  é  iOS)  ou  dende  Play  Store  (se  o  sistema  operativo  é Android).

 

     
     

Para descargar a guía da aplicación premer aquí 

Accedendo a esta guía pódense capturar os códigos QR para descargar a aplicación.

LOGOTIPO DA APLICACIÓN

As familias que non dispoñen da aplicación "abalarMóbil", tamén poden acceder aos mesmos datos mediante un ordenador, identificándose en https://www.edu.xunta.es/espazoabalar/ utilizando un certificado dixital/DNIe ou Chave365.

Aquí pódese atopar máis información:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

     
             

MAGOSTO 2020

 

         
       
         
   

Quizais xurdiu a dúbida de si coa pandemia celebrariamos a festa do Samaín e o Magosto?

Pero, como non as íamos a celebrar!

Son tradicións milenarias galegas!

Preme na imaxe para saber máis

               

   
         

25 N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

             
                
             
     

No CEIP Isaac Peral NON AGOCHAMOS A CABEZA FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

 Velaquí tedes o vídeo realizado polo noso EDLG e a mestra de Música como motivo da commemoración do 25N- Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

A canción escollida foi "Matriarcas" da cantante cedeirense, Guadi Galego.

 

     
             

INFORMACIÓN CURSO 2020- 2021

           
  PLAN DE ADAPTACIÓN Á COVID - 19
 
 

Un novo curso comeza... pero cunhas características moi especiais!

Na seguinte presentación intentamosinformar das principais adaptacións do noso centro para poder garantir, na medida do posible, a seguridade de toda a comunidade educativa.

Esperamos a cooperación de toda a comunidade respectando o máximo posible todas estas adaptacións, sobre todo no relativo á puntualidade de horarios de entradas e saídas, así como dos accesos ao centro.

Para calquera consulta ou aclaración, por correo electrónico ou no tfno: 881 93 02 11 

 
 

Todas as cuestións das que se informa nesta presentación forman parte do PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 e do PLAN DE ACOLLIDA para facilitar a incorporación do alumnado afectado pola suspensión da actividade lectiva presencial durante o curso 19-20. 

Pódese acceder aos documentos relacionados coa COVID premendo nas ligazóns

 
 

 

Versión 3- Novembro 2020

   
  ANEXOS PLAN COVID - 19  
 

          - Anexo 1: Modelos de rexistro de ausencias

          - Anexo 2: Planos de aulas

          - Anexo 3: Cuestionario de prevención de centros educativos

          - Anexo 4: Protocolo de Limpeza e desinfección

          - Anexo 5: Plan de continxencia. (Horarios do ensino non presencial)

          - Anexo 6: Enquisa de autovaloración

          - Anexo 7: Declaración responsable

          - Anexo 8: Solicitude para o estudo da vulnerabilidade frente á COVID-19

          - Anexo 9 e 10: Planos de circulación

   
 

Páxina informativa da Xunta de Galicia con documentación actualizada

   
           

COMEZO DE CURSO 20 - 21

           
  COMEZO DO CURSO 2020 - 2021  
  DATAS DE COMEZO DAS CLASES  
 

- Día 9 de setembro: Comezo das clases para 4º Infantil, 5º Infantil , 1º, 2º e 3º de E. Primaria.

- Día 10 de setembro: Comezo das clases para 6º Infantil e 4º, 5º e 6º de E. Primaria.

TODO O ALUMNADO DE E. PRIMARIA DEBERÁ ACUDIR AO CENTRO CON MÁSCARA.

ADEMAIS DEBERÁ TRAER OUTRA MÁSCARA DE REPOSTO NUNHA BOLSA OU ESTOXO.

AS DÚAS MÁSCARAS TEÑEN QUE TRAER O NOME DO NENO/A.

O horario deses días será o habitual de 9 a 14 horas (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións especias relativas á organización deste curso escolar no que:

  • As entradas e saídas durante este curso escolar (ou mentres a situación así o requira) realizaranse de forma escalonada.
  • Nas entradas o alumnado non formará filas para entrar senón que, segundo vaia chegando ao centro, entrará directamente nas clases, tendo en conta a seguinte marxe horaria:

       Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:50 e as 9:10 h. As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto.

       Alumnado de E. infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 9:00 e as 9:20 h.

  • As saídas realizaranse escalonadas entre as 13:45 e as 14:00 h. Cada curso terá unha hora e unha porta específica de saída. 

Nas seguintes imaxes recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas.

Premendo nas imaxes poden verse máis grandes.

    

  

   

POLA SEGURIDADE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PEDIMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE RESPECTEN ESTES HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS.

A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE NESTA SITUACIÓN.

 
           
  SERVIZO COMEDOR 2020 - 2021  
 

Unha vez rematado o prazo inicial (4 de setembro) de presentación de solicitudes do servizo do comedor e dado que temos que organizalo tendo en conta o número exacto de comensais FIXOS, tanto de almorzo como de xantar,

ESTÁBLECESE COMA DATA LÍMITE PARA APUNTARSE A ESTE SERVIZO O DÍA 10 DE SETEMBRO.

AS SOLICITUDES DEBERÁN ENVIALAS POR CORREO ELECTRÓNICO AO CENTRO.

Dada a imposibilidade da organización do comedor para o día 10 de setembro,

NON HABERÁ SERVIZO DE ALMORZO NIN DE XANTAR ATA O DÍA 14 DE SETEMBRO.

Lembramos as características da prestación desde servizo durante este curso escolar:

 
 
  1. Servizo de almorzo: de 7:30 a 9:00 h.
  2. Servizo de xantar: de 14:00 a 15:30 h.
Para poder prestar este servizo e manter unhas condicións básicas de sanidade, tomaranse, entre outras, as seguintes medidas:
  1. Habilitaranse dous espazos para poder levar a cabo este servizo de comedor.
  2. O alumnado dividirase en grupos estables de convivencia (grupos da clase). Cada clase sentarase nunha mesa diferente.
  3. Os sitios serán fixos e o alumnado dos distintos grupos (clases) estarán separados respectando as distancias de seguridade.
  4. Os comensais serán fixos, tanto para o almorzo coma para o xantar. Poden ser en dias determinados, ou todos os días da semana, pero sempre fixos. Non hai posibilidade de apuntarse ao servizo nun día por un imprevisto.
Nos documentos que se adxuntan poden atopar o PROTOCOLO DO SERVIZO DO COMEDOR  e a FICHA DE INSCRIPCIÓN.
 
DATA LÍMITE DA INSCRIPCIÓN: DÍA 10 DE SETEMBRO
PROCEDEMENTO: ENVIAR POR CORREO ELECTRÓNICO DO CENTRO:
isaacperalferrol@gmail.com
 
  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  
 

Dada a situación específica deste curso, non haberá actividades extraescolares, polo menos ata o mes de xaneiro, onde se valorará a situación. Tampouco haberá ludoteca (tempo de espera).

 
  OFICINA DO CENTRO  
 

Para acudir á oficina do centro deberán pedir cita previa.

Non se permite no horario das entradas e saídas do centro ou no tempo de recreo a entrada das familias no centro.

Calquera consulta poden facela vía correo electrónico ou telefónica.

Teléfonos de contacto:  881 93 02 10/18

Consultas ou comunicacións específicas relacionada coa situación do COVID-19: 881 93 02 11 - 621 30 43 21

 
           

Powered by Drupal - Design by artinet