CUALIFICACIÓNS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

             
     

APLICACIÓN  "abalarMóbil"

O medio de comunicación coas familias

     
             
     

Informamos que as cualificacións do 1º trimestre chegarán ás familias mediante a súa publicación na aplicación abalarMóbil o día 22 de decembro.

     
     

"abalarMóbil" é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.
 
A  Xunta de  Galicia,  coa  finalidade de aumentar  o  acercamento  entre  o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir  aos  responsables  do  alumnado  poder  seguir  a  actividade  dos  seus fillos desde calquera lugar.

Entre outras funcións, dende a aplicación poderán

  • Pedir cita co profesorado.
  • Recibir e, se é o caso, contestar as mensaxes do centro.
  • Recibir e xustificar as faltas de asistencia do alumnado.
  • Consultar as cualificacións do alumnado.

 Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android.
A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema  operativo  é  iOS)  ou  dende  Play  Store  (se  o  sistema  operativo  é Android).

 

     
     

Para descargar a guía da aplicación premer aquí 

Accedendo a esta guía pódense capturar os códigos QR para descargar a aplicación.

LOGOTIPO DA APLICACIÓN

As familias que non dispoñen da aplicación "abalarMóbil", tamén poden acceder aos mesmos datos mediante un ordenador, identificándose en https://www.edu.xunta.es/espazoabalar/ utilizando un certificado dixital/DNIe ou Chave365.

Aquí pódese atopar máis información:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet