Curso 18 - 19

Día 8 de marzo.

 
 Prema na imaxe 

As nosas pioneiras

        
             
 

 

 

 

 

 

DÍA 8 DE MARZO

DÍA DA MULLER

 

 

 

 

 

 

 

 

    Foron moitas as mulleres convertidas en pioneiras por uns motivos ou por outros    


 

 

 

         
 

 

         
 

         
 

           
   

 

 

 

           
 

 

 

 
           
 

 
             
             
 


 

 

 PREMA NA IMAXE

 

 

          BUSCA ENTRE AS TÚAS MULLERES, NA TÚA FAMILIA, AS PIONEIRAS. SEGURO QUE ESTÁN AHÍ, ESPERANDO A QUE AS DESCUBRAS.
 

PREMA NAS LETRAS E VERÁS O TRABALLO DO NOSOS ALUMNADO

   

Rosalia de Castro 2019

     
   
 

 24 de Febreiro 

Toda Galicia homenaxeando a unha muller pioneira

prema na imaxe

 

INCLUSIÓN

PÓCIMA MÁXICA DA INCLUSIÓN
  • Un fío de ilusión ben pelado , coidando que non vaia nada de pesimismo, malestar docente, recortes…xa que unha pequena dose de pensamentos negativos poden estragar a poción! Se é que fora o caso de que se escapara un , lembrade, por cada fío de desilusión tedes que botar tres de alegría
  • Tres linguas de serpe de Formación, Investigación, Reflexión e Innovación
  • Raíces das árbores donde se aprende a aprender, a ser, a facer, a convivir
  • 8 gotiñas de salvia das 8 intelixencias múltiples
  • Teas de araña da creatividade (pódense atopar nas esquiñas dos cerebros con pouco uso)
  • Barbas de morcego da curiosidade
  • Ás de mosca da locura, do cooperativismo e do aprendizaxe pro proxectos
  • Uñas de león para ser valente: preguntar, pelexar, probar,  arriscarse .
  • Unha pizca de esperanza de país, nais, mestres,políticos e sociedade en xeral, COIDADO! Este é un elemento moi preciado e moi difícil de conseguir!
  • Un pedaciño de talo da planta de Igualdade de oportunidades, a equidade, a xustiza social. Disque estas  crecen na utopía e nunha sociedade mais xusta e tolerante e que se poden atopar nos xardíns dos soños que se fan realidade
  • Moedas do poderoso cabaleiro é don diñeiro

Espolvoréase todo ben con po de estrelas da motivación, a vocación, a paciencia e o interese e ,unha vez reunidos, mesturados os ingredentes, vértese nunha aula.

Por último, repítese todas as mañas ao entrar(asegurándose que non se entra co pé esquerdo) estas palabras máxicas:

“A RECONPENSA ATÓPASE NO ESFORZO E NON NO RESULTADO.

 

UN ESFORZO TOTAL E XA UNHA VICTORIA COMPLETA: APRENDE”

   

Visita de Rosa Aneiros

         
   
 

O día 11 de febreiro veu ao cole Rosa Aneiros para compartir co alumnado de 4º a lectura da súa obra "A batalla da pequena Chañán Curi Coca". 

Iniciou a súa charla amosándolles imaxes dos Andes e dos templos incas, onde foi de viaxe. Ese lugar foi a fonte de inspiración da súa obra. 

A partires de aí comezou unha charla moi amena cos rapaces e rapazas.  Quería saber se a comprenderan, se eles tamén escribían ou que cousas lles gustaban. A rapazada tamén lle preguntou moito e asi souberon moitas cousas curiosas da escritora...                   

- Que escribía dende moi pequena pola necesidade de contar historias sobre o que vivía, quizais influenciada polo seu avó que lle contaba moitas historias do seu tempo pasado en Cuba.       

- Que cando se escribe hai que investigar sobre os datos que queres poñer e asegurarte que é o correcto.

- Que as súas obras sempre parten dun feito real ou unha problemática social á que lle quere dar voz.

- Que non lle gusta facer segundas partes.

- Que aprendeu que o importante non é só a historia que ela crea, senón cada unha das historias que xorden de cada un dos lectores.

   Por último, rematou recomendándolles un dos seus libros favoritos, "O Principiño". 

 
   

 PREMER AQUÍ PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS

   
         

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2019

         
         
   
 
 
         
         
   

Cada 30 de xaneiro lembramos un pouquiño mais se cabe que a paz é traballo de tod@s

Este curso adicamos o noso esforzo a reflexionar sobre o noso día a día e como podemos conseguir PAZ na nosa convivencia.

Máis información premendo na imaxe

   
         

Comenzamos a coñecernos

OO DÍA DO ENCONTRO ENTRE AMIG@S ESPECIAIS

Estamos impacientes por saber quen é ese amigo ou amiga especial.

Viñeron as familias. Pasamolo moi ben.

 

 

BAILE ENTRE AMIGOS

Bailar axuda a divertirnos e coñecernos.Fixemos un baile moi chulo!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
   

XUBILACIÓN DE DALIA E PILAR

       
  XUBILACIÓN DE DALIA E PILAR  
 

Este curso despedimos a outras dúas compañeiras que se xubilan.

Novamente, as emocións son contradictorias: moita ledicia por elas, pero moita mágoa polo que as imos botar de menos...

A comunidade educativa quere agradecerlles tantos anos de traballo adicados ao ensino.

Desexámoslles que disfruten moito e merecidamente desta nova etapa que comezan.

 

PARABÉNS E MOITAS GRAZAS POR TODO!!!

 
   

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

             
 

                                

 
 

GANDHI A PAZ NO MUNDO

 

 

 

 

 

 

Premendo na imaxe accédese á unha páxina informativa con recursos e actividades sobre a PAZ.

 

TEI PÁXINA PRINCIPAL 2018/19

 

                                           prema na imaxe
                                                               
                                                                                                         

       

                                               prema na imaxe
                         
                                                                                                            
 

Celebramos o Nadal

  
    
  Con esta felicitación comezamos o noso Nadal
 

                

Premendo na ESTRELA accédese a toda a celebración do noso Nadal: panxoliñas, fotografías dos grupos, visita dos Reis Magos ...

                

 

 

 

IMOS AO TEATRO A NARÓN

         
       
         
 

 O pasado 29 de novembro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos ao Auditorio de Narón a ver a obra Proxecto Noee da compañía de teatro Sarabela.

Máis información e fotografías, premendo na imaxe

 

   

Excursión Cabanas

         
   
  OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS FOMOS DE EXCURSIÓN AO PINAR DE CABANAS PARA A OBSERVACIÓN DO OUTONO. DIMOS UN PASEO POLO PINAR E RECOLLIMOS MOITAS FOLLAS ,PIÑAS,.....E TAMÉN VIMOS SETAS E ÁRBORES DE FOLLA CADUCA E FOLLA PERENNE. DESPOIS MERENDAMOS CHOCOLATE CON CHURROS!
 
         
     PREMER  AQUÍ  PARA ACCEDER Á GALERÍA .    

ESCOLA DE PAIS E NAIS

     
  INICIAMOS A NOSA ESCOLA DE PAIS E NAIS
 
 

 O mércores, día 12 de decembro de 4 a 6 h da tarde, terá lugar no noso centro a conferencia "CONVIVIR CO TDAH". Abrimos así un ciclo de conferenciase que formarán parte da Escola de Pais e Nais organizada polo Departamento de Orientación do centro e pola ANPA.

Animamos ás familias a que acudan, xa que pensamos que será de gran interese para a toda a comunidade educativa.

 

 

PROXECTOS ERASMUS+

       
   
 

O noso centro participa en dous proxectos Erasmus+ organizados polo CFR de Ferrol

Estes proxectos son:

Imagenes gif animadas flechas - Imagui: relacionado coa  identidade cultural.

: enfocado á inclusión e á convivencia.

 Para ampliar a noticia premer nas imaxes

 
   

O NOSO OBRADOIRO DE TAPÓNS

             
     
 
   
             
   

 

 

 O pasado 19 de novembro, os nenos e nenas de 3º e 4º recibimos a visita da asociación "Tapóns para Püssa". Viñeron dúas monitoras que nos concienciaron da importancia da reciclaxe solidaria de tapóns, e da súa reutilización en tarefas creativas de expresión plástica.

Máis información e fotografías premendo na imaxe

     
             
             

Celebramos o Magosto 2018!

   
 

 "Chegou o Magosto co seu vento amigo,

coa súa cariña de frío 

que quixeramos quentar."

Como di a canción de  jesús Pareja,

así recibimos a festa da castaña o pasado

luns, 12 de novembro, no noso colexio.

Máis información e fotografías, premendo nas imaxes.

 
           

NON AO ABANDONO DOS ANIMAIS!!!

         
 
 
         
   

 O pasado venres 16 de novembro, os nenos e nenas de 3º e 4º recibimos a visita da cadeliña Malibú da Granxa-Escola de Xanceda.

Máis información premendo na imaxe

   
         

Celebramos o Samaín

         
   
     

Este ano o samaín chegou "colgando" ao Isaac Peral

As cabazas penduraban do teito do cole, semellando unhas fermosas "estalactitas".

Que fermosos estaban os corredores!!

MÁIS INFORMACIÓN, FOTOGRAFÍAS E VÍDEO, PREMENDO NA CABAZA

     
         

RECURSOS PARA O MAGOSTO

               
               
     

 O     M A G O S T O

   
     

 Premendo na castaña accédese á páxina do magosto con información xeral, actividades, vídeos....

   
           
                 

Recursos para prevención do acoso escolar

             
             
       TRABALLAR A PREVENCIÓN DE TODO TIPO DE VIOLENCIA      
             
             
             
           
 
             
 



 

   
             
 
 
 
 
             
             
             
     

O GRUPO DE CLASE NO ACOSO

     
             
       
             
           
             
           
             

APERTURA DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 18-19

       
   
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O DÍA 24 DE OUTUBRO TIVERON LUGAR OS ACTOS DE APERTURA DA BIBLIOTECA DO COLE PARA OS DISTINTOS GRUPOS DE ALUMNADO.

ESTE CURSO IMOS TRABALLAR O PROXECTO:    

 

Para ampliar a noticia premer nas imaxes.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

RECURSOS PARA O SAMAÍN

             
   

 

S A M A Í N       S A M A Í N

 

PREMENDO NAS CABAZAS ACCÉDESE Á PAXINA CON RECURSOS PARA O SAMAÍN

   
         

O alumnado vai ver unha exposición ABANCA

             
                        
     

O pasado 10 e 11 de outubro, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º fomos a Afundación Abanca a ver a exposición "A FRONTEIRA INFINDA"

Máis información e fotografías premendo na imaxe

   

VISITA AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

         
 

                      

 
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 O alumnado de 6º vai de visita ao

Parque eólico de Sotavento.

 

Máis información premendo nas imaxes.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  

XUBILACIÓN

     
   
   
   XUBILÁRONSE AS NOSAS COMPAÑEIRAS GLORIA E ÁNGELES  
     

A comunidade educativa do CEIP Isaac Peral quere agradecerlles todo o seu traballo e dedicación nunha etapa tan importante e decisiva na vida dos nenos e nenas.

 

Emoción, agradecemento, mágoa, ledicia...

Temos moitos sentimentos encontrados  neste momento...

Pero sobre todos eles, o desexo de que disfruten desta nova etapa que comezan!!!!

 

MOITAS FELICIDADES, COMPAÑEIRAS!!!

E MOITAS GRAZAS POR TANTO APORTADO!!!

   
     

 

TEATRO EN NARÓN

         
   
 

O DÍA 25  @S NEN@S DE INFANTIL, FOMOS AO TEATRO AO AUDITORIO DE NARÓN ; A OBRA QUE VIMOS FOI: " A GALIÑA AZUL " (OBRA DE CARLOS CASARES)

   

 
 

 

PREMER NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA   

  
 

 
         
    QUE BEN O PASAMOS!!!!!!    
         

INFORMACIÓN XERAL DO CURSO 18 -19....

     
  INFORMACIÓN XERAL DO CURSO 2018 - 2019
 
 

Este curso, como novidade, elaboramos un documento recopilatorio de toda a información de interese. Neste documento poderán atopar toda a información xeral do curso 2018- 2019: profesorado, proxectos do centro, normativa das faltas de asistencia e puntualidade, saídas e excursións, actividades extraescolares...


Premer no documento para velo máis grande
 

Powered by Drupal - Design by artinet