O pasado 30 de outubro tivemos no centro unha charla sobre a “Prevención de incendios nos bosques” na que aprendimos como, dende as nosas actuacións cotiás, podemos axudar a coidar da natureza. Ademais, a persoa que deu a charla tróuxonos unha caixa misteriosa que atopou soterrada nun bosque, nela había un montón de obxectos que estamos desexando ver. |
|||
Este ano decidimos no centro ampliar as actividades para celebrar o Samaín; ademáis das fantásticas cabazas, que dende os fogares os neno e nenas fixeron, organizamos varias actividades: 1.-“Talleres de cociña mosntruosa”, para todo o centro e agrupados por cursos; unha maneira divertida de aprender moitas cousas(lingua, matemáticas…), disfrutando dunha estupenda convivencia e traballando en equipo. 2.- Pases con cancións e curtas de debuxos animados da temática durante os recreos, estando tamén organizados e adaptados en función das idades. Unha activiade na que contamos coa fantástica axuda dos encargados/as de Biblio (dos cursos de 5º e 6º E.P) 3.- Selección de libros da nosa Biblioteca, para disfrutar cos contos nos nosos momentos de lectura. 4.- Representación da obra de teatro, por parte do alumando de 6º de E.P. “ A figueira de Pelos Tortos”, para o resto dos cursos de Educación Primaria. 5.- Decoración das portas das aulas con motivos terroríficos. Para a elaboración se todas estas actividades contamos coa colaboración de todo o profesorado, alumnado e familias. Seleccionamos unha serie de fotos para que vexades o ben que o pasaron; esperamos que vos guste!! Aproveitando para dar as gracias, coma sempre, pola colaboración das familias, sen as cales non sería posible.
Atentamente: O Claustro de Mestras e Mestres.
|
|||
Dende o noso colexio creemos que o respeto e entendemento da natureza é un valor moi importante e necesario hoxe en día. Así, ademáis das actividades que cada mestre e mestra fai ao respecto co alumnado, temos a sorte de contar coa colaboración puntual dun pai que nos ensina aspectos neste campo. Este ano trouxo, metido nun bote de crital, un rato de campo, rescatado dunha zona quiemada e que posteriormente sería devolto nunhas mellores condicións. Os nenos e nenas aprenderon a importancia da biodiversidade animal e vexetal, o respeto polos bosques, o que podemos facer para coidalos, e así mesmo, as características deste simpático roedor.
Aquí vos deixamos unha serie de fotos dese momento; esperamos que vos gusten.
|
|||
O pasado 23 de xuño recibimosa visita de Iker Sertucha Lista, Presidente do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia). O motivo da súa visita foi para coñecer aos nenos de 1º de primaria e felicitalos polo seu traballo neste ano coa súa aprendizaxe na linguaxe de signos.
|
|||
Os nenos de Infantil, 1º e 2º de primaria veñen de participar no concurso "Cantamos coas mans" convocado pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia). O resultado foi magnífico, xa que o noso centro foi un dos tres centros que resultaron gañadores. Os alumnos de 1º recibiron un diploma acreditativo pola partición no taller de linguaxe de signos que celebrouse ao longo deste ano, e o centro recibiu un agasallo por parte da FAXPG. Podedes cosultar a carta que acredita a elección do noso centro entre os gañadores pinchando aquí.
Para ver o vídeo co que se conseguiu o premio, e as fotos da entrega do diploma e dos agasallos, podedes pinchar o seguinte enlace:
|
|||
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques e das Árbores, coa colaboración do Concello de Cambre ímos plantar no noso centro dúas árbores autóctonas. Para saber máis desta iniciativa, pinchade na imaxe. |
|||
Xa temos concretadas estas 3 novas charlas no proxecto da Escola de Pais e Nais. 9 de febreiro de 16:30 a 17:30h:"Infancia e xuventude, as novas tecnoloxías e as redes socias" 16 de marzo de 16:30 a 17:30h:"Violencia de xénero na escola" 20 de abril de 16:30 a 17:30h: "Acoso escolar" A circular informativa enviada ás familias podedes consultala pinchando na imaxe. Lembrar que todas as charlas serán impartidas por persoal especializado da Garda Civil e que a Biblioteca do centro estará a disposición dos pais e nais que precisen deixar aos seus nenos e nenas durante o tempo que duren as charlas. Así mesmo iremos actualizando material e información das diferentes charlas na sección de taboleiro de novas desta páxina web.
|
|||
Este ano o claustro do centro, no seu afán de mellorar a súa calidade educativa, decidiu dar un paso adiante e participar en diversos proxectos ofertados pola Consellería de Educación. Do mesmo xeito comezou a colaborar con algunhas entidades que mellorarán a formación do noso profesorado. A continuación citaremos os diversos plans, proxectos e colaboracións nos que está inmerso o profesorado do centro. Plan de Formación Permanente do Profesorado. Con motivo de achegarnos á nova etapa na que estamos inmersos, o profesorado está participando no curso "Programar por competencias" coa intención de axustar as nosas programacións ao marco europeo establecido. Proxecto de Innovación e Dinamización Lingüística. Progama que ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que impliquen o uso da lingua galega e que garantan unha plena competencia nesa língua. Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias. Coa finalidade de recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. Así como fomentar a colaboración das familias na dinamización da nosa biblioteca escolar favoreciendo a súa integración activa no desenvolvemento dos diferentes proxectos do centro. Colaboración coa Federación de Xordos de A Coruña. Esta colaboración nace coa finalidade de formar ao profesorado do centro para dar resposta as distintas necesidades que poidan xurdir na nosa comunidade educativa. |
|||
Este curso desde a dirección do centro e en colaboración coa ANPA, ponse en marcha o proxecto "ESCOLA DE NAIS E PAIS".Nace co obxectivo de reflexionar, compartir e mellorar a vosa función. Para máis información sobre este proxecto tan interesante, pinchade nos seguintes enlaces. Circular escola de nais e pais 1ª Charla Marcela Parga (Coach certificada por ICC). Martes 8.11-2016, 16:30h. Aquí vos quedan unhas imaxes da charla de Marcela Parga: Circular 2ª charla "Traballo fora da aula, as tarefas para a casa". Xoves 24 de novembro. Ponente: Cristina Naya (Profesora titular de Didáctica na Facultade de Ciencias da Educación). Cristina Naya deixounos unha presentación na que se nos fala dos traballos fóra da aula e que gustaríanos compartir con vós. É super interesante, así que invitámosvos a que pinchedes na imaxe para poder velo.
3ª Charla "Infancia e xuventude, as novas tecnoloxías e as redes sociais" Xoves 9 de febreiro. 4ª Charla "A violencia de xénero na escola". Xoves 16 de marzo de 2017. 5ª Charla "Acoso escolar". Xoves 20 de abril.
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- seguinte ›
- última »