NOVAS CHARLAS DA ESCOLA DE PAIS E NAIS

Xa temos concretadas estas 3 novas charlas no proxecto da Escola de Pais e Nais.

9 de febreiro  de 16:30 a 17:30h:"Infancia e xuventude, as novas tecnoloxías e as redes socias"

16 de marzo de 16:30 a 17:30h:"Violencia de xénero na escola"

20 de abril de 16:30 a 17:30h: "Acoso escolar"

A circular informativa enviada ás familias podedes consultala pinchando na imaxe.

Lembrar que todas as charlas serán impartidas por persoal especializado da Garda Civil e que a Biblioteca do centro estará a disposición dos pais e nais que precisen deixar aos seus nenos e nenas durante o tempo que duren as charlas.

Así mesmo iremos actualizando material e información das diferentes charlas na sección de taboleiro de novas desta páxina web.