SAMAÍN 2017

Este ano decidimos no centro ampliar as actividades para celebrar o Samaín; ademáis das fantásticas cabazas, que dende os fogares os neno e nenas fixeron, organizamos varias actividades:

1.-“Talleres de cociña mosntruosa”, para todo o centro e agrupados por cursos; unha maneira divertida de aprender moitas cousas(lingua, matemáticas…), disfrutando dunha estupenda convivencia e traballando en equipo.

 2.- Pases con cancións e curtas de debuxos animados da temática durante os recreos, estando tamén organizados e adaptados en función das idades. Unha activiade na que contamos coa fantástica axuda dos encargados/as de Biblio (dos cursos de 5º e 6º E.P)

3.- Selección de libros da nosa Biblioteca, para disfrutar cos contos nos nosos momentos de lectura.

4.- Representación da obra de teatro, por parte do alumando de 6º de E.P. “ A figueira de Pelos Tortos”, para o resto dos cursos de Educación Primaria.

5.- Decoración das portas das aulas con motivos terroríficos.

Para a elaboración se todas estas actividades contamos coa colaboración de todo o profesorado, alumnado e familias.

     Seleccionamos unha serie de fotos para que vexades o ben que o pasaron; esperamos que vos guste!!  Aproveitando para dar as gracias, coma sempre, pola colaboración das familias, sen as cales non sería posible.                

 

Atentamente: O Claustro de Mestras e Mestres.