PLANS E COLABORACIÓNS DO CENTRO

Este ano o claustro do centro, no seu afán de mellorar a súa calidade educativa, decidiu dar un paso adiante e participar en diversos proxectos ofertados pola Consellería de Educación.

Do mesmo xeito comezou a colaborar con algunhas entidades que mellorarán a formación do  noso profesorado. 

A continuación citaremos os diversos plans, proxectos e colaboracións nos que está inmerso o profesorado do centro.

Plan de Formación Permanente do Profesorado.

Con motivo de achegarnos á nova etapa na que estamos inmersos, o profesorado está participando no curso "Programar por competencias" coa intención de axustar as nosas programacións ao marco europeo establecido.

Proxecto de Innovación e Dinamización Lingüística.

Progama que ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que impliquen o uso da lingua galega e que garantan unha plena competencia nesa língua.

Programa de Bibliotecas Escolares Solidarias.

Coa finalidade de recoñecer  a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. 

Así como fomentar a colaboración das familias na dinamización da nosa biblioteca escolar favoreciendo a súa integración activa no desenvolvemento dos diferentes proxectos do centro.

Colaboración coa Federación de Xordos de A Coruña.

 Esta colaboración nace coa finalidade de formar ao profesorado do centro para dar resposta as distintas necesidades que poidan xurdir na nosa comunidade educativa.