Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

CIRCULAR INFORMATIVA SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA XOVES 12-12-19

NOTA INFORMATIVA

En relación a folga convocada polos diferentes sindicatos, enviouse unha circular informativa ás familias. Para consultala podedes pinchar na imaxe.

Circular folga 12-12-19

6º de PRIMARIA EN NEGRO

O alumnado de 6º de primaria mostrounos con este vídeo o seu compromiso contra a violencia de xénero. 

Toda unha lección da que debemos aprender todos. Parabéns por transmitirnos unha mensaxe tan necesaria.

Disfrutade do vídeo.

CONCURSO CANTAMOS COAS MANS

Este ano o CEIP Gonzalo Torrente Balleter recibiu a mención hornorífica no "III concurso Cantando Coas Mans" organizado pola FAXPG, polo que a dirección do centro foi invitada a asistir ao acto que terá lugar o próximo xoves 28 de novembro no Auditorio do Centro Sociocultural de Fontiñas en Santiago de Compostela ás 17:30h.

Desde a dirección do centro queremos facer extensible esta invitación ás familias que teñan interese en acudir.

Por motivos organizativos as familias interesadas en asistir, deberán comunicalo ao centro antes do luns 18 de novembro.

Lembrar que este ano o alumnado que participou no concurso non actuará no acto.

Para consultar a invitación recibida no centro, podedes pinchar na imaxe.

III Concurso Cantando coas Mans

OS NOSOS VALORES, ESCOLAS 110% BRANQUIAZUIS

Este mércores 6 de novembro, o alumnado de 6º de primaria ven de participar nunha nova edición do programa "Os nosos valores, escolas 110% branquiazuis" organizado polo xornal La Opinión de A Coruña en colaboración co RC Deportivo de A Coruña.

O programa consistiu nunha visita guiada ao estadio de Riazor; o visionado dun vídeo explicativo da historia do estadio e unha charla con dous xogadores do Deportivo Fabril (Javi Sánchez e Bourdal) e de dúas xogadoras do Deportivo Abanca (Peke e Sullastres). En dita charla o alumnado de 6º fixo de inesperados xornalistas, facendo todo tipo de preguntas a xogadores e xogadoras.

Foi unha visita divertida e chea de valores.

Para ver as imaxes e o vídeo publicado no xornal, podedes consultalos na seguinte imaxe.

DÍA DO ENSINO

NOTA INFORMATIVA

Lembramos ás familias que o próximo xoves 31 de outubro foi declarado pola Consellería de Educación como "Día do ensino", polo que ese día considérase día non lectivo e non haberá clase.

Para consultar a circular informativa, pinchade na imaxe.

 

DÍA DO ENSINO

NOTA INFORMATIVA

Lembramos ás familias que o próximo xoves 31 de outubro foi declarado pola Consellería de Educación como "Día do ensino", polo que ese día considérase día non lectivo e non haberá clase.

Para consultar a circular informativa, pinchade na imaxe.

 

REDUCIÓN PRAZAS DE COMEDOR E RECLAMACIÓNS

NOTA INFORMATIVA

O pasado venres recibiuse no correo do centro unha notificación da Subdirección xeral de  xestión orzamentaria de recursos complementarios na que se informa de que debido ao mal uso dalgúns usuarios do servizo de comedor, reducíanse as prazas do mesmo, pasando a ser desde esa data de 111.

Para consultar a notificación recibida, pinchade na imaxe.

Igualmente, desde a dirección do centro tramitáronse todas as queixas recibidas polas familias referidas ao servizo de comedor escolar deste ano.

Para ver o escrito podedes pinchar na imaxe seguinte.

 

MODELO AUTODECLARACIÓN COMEDOR

AVISO IMPORTANTE

Lembramos que para confirmar a reserva de praza no comedor, é obrigatorio cubrir o formulario de autodeclaración da renda.

Dito documento deberá ser asinado tanto polo declarante como polo cónxuxe e será presentado no centro por un adulto.

Para descargar o documento podedes pinchar na imaxe.

ERRO ISBN LIBRO DE LENGUA DE 3º DE EP

AVISO IMPORTANTE

Detectouse un erro no ISBN do libro de Lengua de 3º de EP.

O ISBN correcto é o seguinte:

ISBN:978-84-698-0649-4

Perdoade as molestias.

Para consultar o listado correcto pinchade na seguinte imaxe:

Lista definitiva libros de texto 2018-19

RECOLLIDA CHEQUES AXUDA MATERIAL ESCOLAR

A listaxe de axudas de material escolar non sufriu variación así que as familias que teñan dereito a axuda poden consultalo pinchando aquí.

Os cheques xa están dispoñibles no centro así que as datas de recollida serán desde hoxe 4 ata o venres 12 de xullo, ambos inclusive.

Lembramos que para a súa recollida deberá ser o solicitante ou un adulto autorizado.

Distribuir contido