Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

VISITA DOS NENOS E NENAS DE 6º AO ESTADIO DE RIAZOR

Escolas 110% branquiazuis

Onte xoves os nenos e nenas de 6º participaron no proxecto "Escolas 110%  branquiazuis" organizada polo xornal  La Opinión A Coruña e o RCDeportivo de A Coruña.

O programa consistiu en facer unha visita guiada polo estadio Abanca Riazor e o visionado dun vídeo no que se explica a historia do RCDeportivo. Cando rematou o vídeo surxiu unha última sorpresa; a visita de Eneko Bóveda (xogador da primeira plantilla do equipo masculino) e de Silvia Mérida (xogadora da primeira plantilla do equipo feminino).

Os nenos e nenas, desataron a súa faceta xornalística e convertíndose en inesperados xornalistas.

Para ver fotos e vídeos, podedes pinchar nos seguintes enlaces:

Imaxes La Opinión A Coruña

Vídeo La Opinión A Coruña

 

CARREIRA KILÓMETROS SOLIDARIOS

O pasado martes celebramos por primeira vez no cole unha Carreira Solidaria.

A carreira chamada "Kilómetros solidarios" forma parte dun programa organizado pola ONG Save the Children e que conta xa con XIV edicións. 

Si queredes saber máis desta actividade solidaria, podedes pinchar no seguinte enlace:

 https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad

Os nenos tiveron que percorrer un circuito a maior cantidades de voltas posible para así acadar unha maior cantidade de fondos.

A xornada resultou moi lúdica, enriquecedora e sobre todo solidaria.

Para poder ver fotos e imaxes da xornada podedes pinchar na seguinte imaxe.

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO 2018-19

NOTA IMPORTANTE

Acabamos de publicar o listado de solicitantes de praza para o curso 2018-19. 

Na aplicación do Artg. 9 do Decreto 254/2012 que regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos como o número de prazas solicitadas é menor ou igual ás prazas ofertadas, considéranse aceptadas todas as solicitudes.

No mes de abril poderán retirase na secretaría do centro, ou descargar nesta páxina web, a documentación necesaria para formalizar a matrícula.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Lembrámoslle que o horario de atención ao público é o seguinte.

De Luns a venres de 9:30h. a 10:20h.

Luns de 16:00h. a 17:00h.

Podedes consultar as informacións necesarias (vacantes, calendario, normativa, informacións sobre o proceso, descarga de solicitudes etc.).

Iremos actualizando as novas según se vaian producindo no seguinte cadro.

ENQUISA SOBRE O USO DO GALEGO NO CENTRO

Co obxectivo da mellora no emprego da lingua galega no noso centro estamos a realizar un Proxecto Sociolíngüístico que sirva de ferramenta de traballo para os vindeiros cursos escolares.

Para eso, necesitamos saber a realidade da lingua galega na vida do noso alumnado e pedímosvos que cumprimentedes un cuestionario.

 O cuestionario é totalmente anónimo e só servirá como fonte estatística para o deseño dos obxectivos do proxecto.

Para poder cumplimentalo podedes descargalo pinchando no seguinte enlace. Unha vez cumpimentado, podedes presentalo no centro.

Enquisa uso do galego no CEIP Gonzalo Torrente Ballester

Para descargar a circular informativa enviada ás familias podedes pinchar no seguinte enlace.

Circular informativa

O prazo de presentación será ata o próximo VENRES 9 DE MARZO.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

ENTROIDO 2018

Se ao Meco queres obedecer, na imaxe debes premer.

 

FASE INTERCOMARCAL CAMPO A TRAVÉS

O pasado sábado 20 de xaneiro celebrouse a fase Intercomarcal de Campo a Través no circuito dos Menhires (A Coruña).

Os resultados dos nosos atletas foi moi bo rexistrando os seguintes postos:

Categoría sub 10 feminina

  • Sofía Díaz Nogueira, posto 28

Categoría sub 12 feminina

  • Sara Fernández Botana, posto 22
  • Candela Gende Caamaño, posto 25
  • Paula Morandeira Martínez, posto 31
  • Candela Castro López, posto 33
  • Enma Gandoy Villares, posto 34
  • Gabriela Lago Brandariz, posto 35

Categoría sub 12 masculino

  • David Fernández Álvarez, posto 21

Paraconsultar os resultados, pinchade na imaxe.

BO NADAL E FELICES FESTAS

Gracias á colaboración das familias e alumnado do noso centro esta é a fermosa Árbore de Nadal que puidemos crear para decorar o colexio; todos os adornos (así como a propia árbore) están feitos a man e con material reciclado, unha estupenda forma de contribuir a conservar o medio ambiente sen necesidade de gastar cartos.

 

    ¡Felices Festas!

VISITA DE 5º E 6º A ASPACE

Despois da fantástica visita ao noso centro dos compañeiros e  compañeiras de ASPACE, tocábanos a nós devolver a visita ao seu centro para aprender de primeira man como é o colexio (coas súa aulas específicas de rehabilitación para a estimulación multisensorial ou con material interactivo adpatado a cada caso); o centro de día e a residencia de maiores.

Tamén aprendimos os xogos (como a Buxaina, parecido á Petanca), visitamos os talleres que hai para aprender un ofico e todos os programas que elaboran para acadar unha vida o máis autónoma posible.

Así, fixeron desta visita unha oportunidade maravillosa que nos ensinou a gran labor que se desenvolve alí. Dámolles as gracias e seguimos coa promesa de seguir colaborando de agora en diante.

Si queredes ver as fotos da visita podedes pinchar nas imaxes.

5ª de primaria

6º de primaria

Menú especial día 21 de decembro

VISITA ASPACE

O martes 28 de novembro de 2017 tivemos a sorte de contar coa visita dun grupo de persoas que forman parte de ASPACE, unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa ás principais entidades de Atención á Parálisis Cerebral de toda España,  sendo a sede máis cercana ao noso  entorno a  situada no concello de Sada. Durante a charla, aos nenos e nenas de 5º e 6º de E.P, puidemos saber de primeira man, como as persoas que teñen esta alteración cerebral desenvolven a súa vida cotiá, cuns servicios e programas específicos para conseguir unha vida de calidade e así obter  un crecemento  persoal completo. 

   Porque cremos na integración, normalización e coñecemento da diversidade das persoas,  promovemos este tipo de iniciativas, facendo do centro escolar, un espazo aberto á realidade social e inculcando valores de respeto, igualdade e tolerancia no noso alumando.

 

Distribuir contido