Dende o día 6 ata o 31 de maio en horario de secretaría poderedes solicitar ser usuarias e usuarios do servizo de transporte escolar para o vindeiro curso.
Atención ao público Administración de luns a venres: 09.00 a 11.30 e de 12.00 -13.00.
Esta solicitude será para o alumnado que está matriculado no centro.
O resto do alumnado de nova admisión fárao no momento de formalizar a matrícula.
Nos adxuntos podedes descargar a solicitude e ver as paradas existentes. Calquera dúbida resolverase no centro.
1. Solicitude excepcional de transporte, para aquelas familias:
- fóra da área de escolarización do centro
- con domicilio a menos de 2 Km
2. Solicitude de transporte, para todos os demais casos, usuarios lexítimos de transporte.
Importante: todas as solicitudes entregaranse de forma presencial na secretaría con rexistro de entrada. No caso de non poder facelo persoalmente poderedes autorizar a outra persoa a tramitar dita petición no horario establecido de mañá.
Documentación que se adxunta:
- Cadro de paradas
- Modelo de solicitude ordinaria
- Modelo de solicitude excepcional
- Modelo para solicitar dúas paradas diferentes por conciliación