Skip to Content

Blog

MES DA CIENCIA NA BIBLIOGALÁN

Na seguinte ligazón podedes ver as actividades.

 

 

https://bibliogalan.blogspot.com/2023/11/novembro-mes-da-ciencia-en-galego-na.html

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTIVIDADES DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

BIBLIOGALÁN

Na ligazón podedes ver as actividades desenvolvidas na BiblioGalán coa participación do alumnado de quinto e sexto. Actividades que lembran a celebración do 25 N.

 https://bibliogalan.blogspot.com/2023/11/o-25n-na-bibliogalan.html

 Exposición de lecturas na BiblioGalán

CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA: CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

E xa imos pola terceira dose da vacina contra a violencia no CEIP de Galán, este curso baixo o  lema de “ Ti respectas? Eu respecto” porque o respecto é a base de toda convivencia, si respectamos tamén estamos previndo a violencia de xénero.

Foi unha xornada lúdica, un día distinto para o alumnado desde infantil a sexto de primaria que desfrutaron recibindo a  “vacina“ en forma de colgante.

Na megafonía do centro escoitamos a canción La puerta violeta de Rozalén, unha canción que reinvindica a loita contra a violencia de xénero.

Publicación no Diario de Arteixo, na ligazón de abaixo

https://www.eldiariodearteixo.com/articulo/noticias-de-arteixo/vacina-moi-educativa-violencia-xenero/20231127183000012043.html

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2023/24. (DOG)

 O plan de mellora de bibliotecas beneficia a 820 centros.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41633

 

SOMOS CENTRO PLAMBE!!!

ACTIVIDADES DA BIBLIOGALÁN

https://bibliogalan.blogspot.com/

I Recital de Poesía e coñecemos O día a día dunha persoa con discapacidade auditiva.

E pasou novembro, o Mes da Ciencia en Galego na BiblioGalán

Deixamos a ligazón a BiblioGalán coas actividades do mes de novembro.

https://bibliogalan.blogspot.com/2022/12/e-pasou-novembro-o-mes-da-ciencia-en.html

O equipo de biblioteca

VIII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS. CENTRO PREMIADO. TÍTULO: Martiño e Testa: unha viaxe espæcial

O CEIP de Galan de Arteixo ven de ganar o VIII Concurso de Traballos por Proxectos por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, na modalidade de proxectos de investigación intercentros.
“Martiño e Testa, unha viaxe espæcial”, é un proxecto gamificado resultado dunha colaboración entre o CRA de Culleredo (Culleredo) e unha aula do CEIP de Galán (Arteixo) co apoio e no marco das súas Bibliotecas Escolares.
Como obxecto principal, o alumnado puido desenvolver actitudes e valores relacionados co desenvolvemento sostible, (Axenda 2030) así como outros elementos transversais, por exemplo, a comprensión lectora, expresión oral e escrita, tecnoloxías da información e da comunicación, a comunicación audiovisual, o emprendemento, e a educación cívica e constitucional.
Tódalas investigacións propostas no proxecto centráronse neste ámbito próximo á realidade do alumnado, potenciando así a aprendizaxe significativa, ademais de desenvolver a Alfabetización Mediatica e Informacional (ALFIN/AMI). E outras metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en problemas, pensamento computacional, aprendizaxe cooperativa e por suposto, o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA).

Podes consultar o proxecto completo aquí: https://drive.google.com/file//18qvBmNcgEvMolRIWHvW3tYgcLe3chWHu/view?usp=share_link

Acceso a anexos: https://drive.google.com/drive/folders/1M9n9c0ZZbcyYsrSJ-SuirdhhozHvfJNx

Resolución: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_viii_concurso_tpp_firmada.pdf

PARABÉNS!

BiblioGalán abre as súas portas no Día das Bibliotecas

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, a nosa BiblioGalán, despois dunha formación de persoas usuarias, por fin pon en marcha toda a súa actividade programada para este curso 2022 - 2023.

Así que, este 24 de outubro todas as nenas e nenos da escola tiveron ocasión de visitar o noso espazo posto que como principal novidade, este curso recuperamos os recreos na biblio, un proxecto que ten como obxectivo, proporcionar espazos activos de lectura e de recursos de creación de contido, especialmente co ollo posto nas competencias STEAM. Para iso, cada día, en cada recreo, contaremos con distintos recantos e obradoiros temáticos que estamos seguras e seguros, farán gozar a todas e todos nós. Esta semana, o centro de actividade proposto foron distintas tarefas relacionadas co mundo de Samaín.

Para o bo desenvolvemento e funcionamento deste proxecto, contamos ca figura do alumnado voluntario, nenas e nenos de quinto e sexto de Educación Primaria que levan a cabo tarefas de control, dinamización, orde, etc. da nosa biblioteca. Unha axuda extraordinaria.

Ler máis no blogue de BiblioGalán

REMATE DO CURSO, NOVAS DA BIBLIOGALÁN

Aquí deixamos á comunidade educativa os enlaces ás novas de remate de curso da BiblioGalán,

Un curso de lectura

https://bibliogalan.blogspot.com/2022/06/un-curso-de-lectura.html

 

Non sabes que ler no estío? Estas son as nosas recomendacións lectoras

https://bibliogalan.blogspot.com/2022/06/non-sabes-que-ler-no-estio-estas-son-as.html

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Na seguinte ligazón podedes ver as actividades do 23 de abril, Día do Libro.

 

A ligazón é a BIBLIOGALAN

Agardamos que vos gusten. Parabéns a todos e a todas!

Distribuir contido


by Dr. Radut