Os alumnos de 2º C recibiron a visia dos pais dos nenos para seguir contando contos e historias.
A nai de Ariadna Pereira, Sonia Lema; a nai de Dani Candame, Isa Facal, a nai de Martina Bermúdez, Silvia Naveira e a nai e o avó de Manuel Merelas, Paloma Rabuñal e Fernando. Todos eles disfrutaron e fixeron disfrutar aos rapaces e rapazas cos contos que trouxeron. Sonia leu O gato con botas; Isa, O monstruo de cores; Silvia leu "Cuentos para quererte mejor"; Paloma, Contos breves e Fernando falou do seu traballo con barcos.
Marcos, o pai de Martina Bermúdez da clase de Cris (2º C) quixo falar, na súa visita á clase, da Garda Civil e a súas funcións ó servizo dos cidadáns, prestando protección especial a mulleres, nenos e nenas, anciáns, etc, axundando sempre que o precisemos. Ademáis, como instructor que é, deu unha clase moi interesante de defensa persoal. Tamén trouxo os diferentes tipos de grillóns que pon a policía e a garda civil ás persoas detidas por cometer delitos, e tódolos rapaces e rapazas puideron probalos xa que lles facía ilusión poñer os grillóns nos pulsos.
A clase de 2º C tamén recibiu a visita de Pablo, o pai de Rebeca, que falou do seu traballo como óptico e deu unha clase maxistral sobre anatomía do ollo, o proceso de visión e ademáis trouxo lentes de contacto para que os nenos e nenas as puideran tocar. Tamén explicou cómo funciona a visión 3D e para iso fixo pequenas comprobacións cun libriño e lentes especiáis.
Está semana, a clase de Cris (2C) contou coa asistencia de varios pais e nais que contaron contos e faltaron dos seus traballos.
Verónica, a nai de Brais, compartiu con nos, algún dos moitos contos que teñen na casa. Leu: La casa de la mosca Fosca, la cebra Camila y Las llaves de los sueños.
Estes días viñeron dúas nais á clase de Mari en 2ºA para contar contos.
Pilar, a nai de Valeria leu varios libros da cole da colección de Toribio de Carlos Casares Como inventan máquinas curiosas e deron o tema das máquinas, fixeron unha catapulta chulísima.