Skip to Content

Comedor escolar

MENÚ COMEDOR 1º TRIMESTRE

MENÚ SETEMBRO 2023

NOVAS: SERVIZO DE COMEDOR

 

Ante o inicio do servizo de comedor, cómpre ter moi en conta, según a Instrución 3/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o que a continuación se detalla:

1. Os usuarios ou usuarias deberán comunicar obrigatoriamente ao centro os días nos que non vaian facer uso do comedor cunha antelación mínima das 9.45 h de cada día se queren que eses días nos sexan tidos en consideración nos pagamentos.  

Enviar ao correo ceip.galan@edu.xunta.gal

2. Os usuarios ou usuarias do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, serán suspendidos ao dereito ao uso do servizo de comedor durante 10 días

3. Os usuarios ou usuarias do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas  ante a dirección do centro educativo.

4. Os incumprimentos no pagamento dos prezos de cada mes impedirán a utilización ao mes seguinte do comedor escolar, mentres non se proceda á oportuna regularización dos pagamentos, para a cal contarase cun prazo máximo de 2 meses. ( Alumnado que ten que aboar o servizo).

Outros aspectos:

- Empresa: Jardanay

- Os menús serán enviados trimestralmente desde o centro.

- As familias recolleredes aos vosos fillos e fillas no hall da entrada todos os días.

- A saída será ás 15.20 e 15.50 horas, rógase puntualidade nestes horarios por organización do servizo.

- Dos pagos do servizo de comedor informarase en breve.

 

ANEXO II. AUTODECLARACIÓN

AUTODECLARACIÓN  QUE DEBERÁ SER ENTREGADA NO CENTRO, PRESENCIAL OU POR CORREO

Por correo especificar no Asunto: Anexo II e nome e apelidos do alumno ou alumna

PRAZO:  ata o 19 de xullo

PUBLICACIÓN LISTA DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO E LISTA DE RESERVAS COMEDOR

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS QUE SOLICITARON SERVIZO DE COMEDOR.

NO ADXUNTO. ANEXO I.  Prazas autorizadas, páxina 26 da Instrución

1. Publícase a lista definitiva de alumnado admitido e lista de reservas a día 12 de xullo de 2023 do comedor escolar.

As listas están expostas no taboleiro de anuncios dentro do centro  con referencia exclusiva aos nomes e apelidos dos usuarios e usuarias e a posición ocupada.

Contra esta resolución cabe ao efecto, de que, se deduzan os oportunos recursos de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería.

2. As prazas adxudicáronse de acordo coa seguinte orde de preferencia:

1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.

2. Alumnado usuario de dereito do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución 1/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2022-2023.

3. Ter un/unha Irmán ou irmá matriculados no centro e ser usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude. 

4. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

5. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto. A asimilación ao descendente do fillo ou filla concibido ou concibida y non nacido ou nacida acreditarase mediante o carné familiar galego, e terá efectos unicamente dentro da comunidade autónoma de Galicia, artigo 12 da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia.

6. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.

7. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde, neste caso non pertencentes á zona de influencia do CEIP de Galán

3. Prazas autorizadas pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería: 130 prazas

 

AVISO. LINK Á CALCULADORA CÁLCULO RENDA PER CÁPITA. ANEXO II

Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar.

O acceso a calculadora está dispoñible a través do link:

 

https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO E EN RESERVA NO SERVIZO DE COMEDOR 2023-2024

 

1.   Publícanse as listas provisonais de alumnado admitido no servizo de    comedor a data 4 de xullo de 2023 no taboleiro do interior do centro.

      No Consello Escolar sorteouse a letra de inicio dos apelidos   na listaxe, sendo esta o M.

2.   Ábrese un prazo de 5 días para alegacións, de ser o caso, ata o día 11 de xullo incluído, en horario de 9.30 a 12.30 horas.

3.   No mesmo prazo, presentaranse as renuncias ao servizo por escrito, de ser o caso.

As familias admitidas terán que presentar o modelo de AUTODECLARACIÓN no centro para rexistrar as solicitudes. Anexo II, no adxunto.

Nota: Atención ás instrucións do Anexo para cumprimentar a Autodeclaración.

5.   As listaxes definitivas publicaranse o 12 de xullo no taboleiro interior do centro.

 

INSTRUCIÓN DE COMEDORES XESTIÓN INDIRECTA 2023-2024

Publícase a día 3 de xullo de 2023 a Instrución

Distribuir contido


by Dr. Radut