Skip to Content

PERÍODO VACACIONAL

Prezadas familias,

Queremos agradecer, en primeiro lugar, todo o esforzo que fixestes vós e o noso alumnado estes días, debido á situación na que nos atopamos.

Segundo a Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a partir do vindeiro 4 de abril comezan as vacacións de  Semana Santa ata o 13 de abril. Animamos a que poida ser un bo momento para realizar actividades en familia.

Calquera nova notificación ou instrución dada pola Consellería, publicarase na Web do centro e na aplicación Abalar, para mantervos informados.

Un cordial saúdo do todo o profesorado do centro e parabéns ao alumnado polo seu traballo.



blog | by Dr. Radut