Skip to Content

blogue deadmin

REFORZA-T

Prezadas familias,

Informamos que o programa Reforzat- T continúa e está dispoñible tanto para o alumnado de 3º e 4º, na aula Virtual, como para ou alumnado de 5º e 6º, a través da plataforma de Edixgal.

A docente do programa atenderá os cursos de 3º e 4º os luns e os mércores, e os cursos de 5º e 6º, os martes e os xoves. Ambos grupos en horario de 16:00 a 18:00.

Lembramos que o programa ten como obxectivo mellorar o rendemento académico do alumnado, incidindo na competencia lingüística, matemática e científico-tecnolóxica. Este desenvolverase en estreita coordinación co profesorado titor.

Ante calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro.

 

Atentamente

A Coordinadora do Programa

                                                                                         

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Moitas grazas pola vosa participación na actividade programada para as Letras Galegas. Grazas a ela, puidemos elaborar este entrañable vídeo. Agardamos que vos guste. 

VISITA VIRTUAL AO CEIP DE GALÁN

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou un pequeno trivial con preguntas sobre os últimos 5 autores homenaxeados nas Letras Galegas.

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra está a compratir cos centos o proxecto  de “As Pitas Baixo a Choiva http://aspitas.gal/ que conten un conto, cd e unidade didáctica sobre esta obra.

Agardamos que vos guste.

AVALIACIÓN CURSO 2019/2020

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas nas Programacións Didácticas, que se publicarán na páxina web, a finais deste mes.

Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre.

A avaliación das actividades realizadas na fase non presencial terán valor positivo para a cualificación final do alumnado.

 

 

APERTURA DO CENTRO

Lembramos ás familias que o centro está aberto, exclusivamente, para trámites administrativos.

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

DÍA NON LECTIVO

Estimadas  familias,

Lembramos que o 4 de maio é  día non lectivo.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 

Para celebrar o Día do Libro, deixamos uns enlaces para que disfrutedes de lecturas en familia. Só tedes que picar nas imaxes.

       

 

Distribuir contido


by Dr. Radut