Actividades varias

Actividades varias

Obradoiro: "Aceite de oliva"

 

catando aceite

O venres, 20 de febreiro, o alumnado de primaria, para rematar a semana, tivemos un obradoiro sobre o aceite de oliva. Aprendemos sobre a historia dos olivos, as aceitunas e as súas variedades, as industrias onde se obtén o aceite, a clasificación dos aceites de oliva, consellos de utilización...

Realizamos unha cata (probando e cheirando) das catro variedades máis coñecidas: arbequina, cornicabra, hojiblanca e picual.

  

Que bo está o aceite de oliva!

Seguridade na internet

O alumnado de 5º e 6º, en horario escolar;os pais e nais, en horario de tarde, que así o desexaron acudiron a unha charla informativa sobre "Os riscos da internet, o uso das redes sociais". Un policia experto na temática informou e contestou as preguntas formuladas polos asistentes.

 

charla seguridade na rede

O noso alumnado, os mestres e as familias consumimos a diario internet. Debemos de estar informados e preparados para un consumo responsable, e así evitar sorpresas.

 

 

Ludoteca Lingüística, xaneiro 2014

Facendo xogos populares e lingüísticos, ( sempre fomentando o uso do galego ), nesta ludoteca o alumnado de 5º foi superando as distintas probas que lles propoñían as monitoras, sendo estos xogos, rotatorios e cooperativos ao mesmo tempo.

PAPA NOEL E CHOCOLATE

Papá Noel e chocolatada para despedir o trimestre.

papa noel

chocolatada

   

 

 

O venres 19 tivemos a esperada visita de Papá Noel; e, mentres esperabamos a ANPA endulzou ese momento cunha chocolatada e doces.  Vendo as imaxes seguintes parece que estaba ben bo!

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE 6º DE PRIMARIA

O martes 16 de decembro, xa preto das vacacións de Nadal, o alumando de 6º participou nun obradoiro de Igualdade. Falamos de desigualdade, estereotipos,desigualdades, marxinación...Fixemos varias actividades, entre elas, analizamos anuncios publicitarios.

Powered by Drupal - Design by artinet