Skip to Content

Saídas

Saídas

OBRADOIRO DE CIENCIA COA UNIVERSIDADE DE VIGO

obradoiro ciencia

O venres 18 de marzo, 5º e 6º de primaria fixemos unha saída ao Berbés para asistir a unha expo-feira baixo o nome: "A ciencia que vén ten nome de muller". 
Esta actividade estivo organizada pola Universidade de Vigo e consistiu nun roteiro de doce obradoiros, onde o alumnado experimentamos, aprendemos e sobre todo divertímonos coa ciencia.
Desde a elaboración de photoshop, pintura rupestre, análise de ADN, observación de animais e fósiles incribles.
Estes obradoiros abarcaron todo o campo científico: tecnoloxía, medio ambiente, saúde e benestar, patrimonio e economía.
Desta experiencia sacamos unha clara conclusión: as nenas podemos igual que os nosos compañeiros, os nenos, realizar todo tipo de tarefas relacionadas coa ciencia e podemos, se queremos, ser auténticas e auténticos científicos e científicas.
 
 
Queremos dar as grazas dende o cole Frian á Universidade por esta experiencia inesquecible e por acercar a ciencia as nosas vidas.
Grazas UVigo !

CONCERTO DIDÁCTICO

CONCERTO 1

Hoxe, 7 de abril, o alumnado de 4º de Primaria fixemos unha visita ao Concello onde estivemos gozando da nosa música tradicional e da nosa historia da man dos excelentes músicos da ETRAD.

Fixéronnos participar e bailar.

Que ben o pasamos !

CONCERTO 2

 

CONCERTO 3

RECONQUISTIÑA VIGO 2022

Volveu hoxe a festa da Reconquista para os colexios, así cerca de 1000 rapaces e rapazas,  de diferentes colexios participamos nunha  nova edición da Reconquistiña e co sonido dos tambores, elaborados  por nós mesmos, desfilamos polas rúas do Casco Vello e rematamos nunha festa na Praza do Berbés.

Deixámosvos algúns enlaces de prensa onde tamén podedes informarvos e ver as galerias de fotos

reconquitña 2022

la voz de Galicia

 

tvg 

 

Clases fóra das aulas 19/20

Frianteir@s polo mundo 2019

Galería fotográfica da nosa viaxe a Cantabria, xuño 2019

 

1º Día viaxe de ida: Praia das Catedrais, Candás, Albergue

 

 

2º día: Cabárceno e Santander

 

 

3º día: Altamira, Soplao e Santillana del Mar

 

 

 

4º día, Fuente Dé e descenso do río Deva

Distribuir contido


by Dr. Radut