Skip to Content

Saídas

Saídas

SAÍDA A BUEU

Os nenxs de 2° grazas o programa Ti si que es un bo peixe puideron disfrutar dunha xornada estupenda coa visita ao porto, lonxa e praza de abastos de Bueu.

No porto coñeceron as diferentes artes de pesca e as especies que se capturan sendo o maior protagonista desta zona o polbo.

Na lonxa aprenderon como os mariñeiros clasifican, pesan e miden os peixes respectando os tamaños mínimos das diferentes especies e a importancia do seu correspondente etiquetado.

Puideron experimentar como se leva a cabo unha subasta de peixes.

Na praza de abastos foron pasando polos diferentes postos nos que os praceirxs lles foron mostrando e explicando as diferentes especies de peixes e mariscos.

A visita rematou coa degustación dunha merenda mariñeira na que coñeceron a importancia do valor nutricional dos peixes e mariscos na nosa alimentación.

 

Se premedes neste link accededes ás fotos publicadas no programa

bo peixe programa

RECONQUISTIÑA 2023

O alumnado de 5° de Primaria participipamos un ano más no desfile infantil da Reconquista de Vigo.

Qué ben o pasamos !

FP INNOVA

Os maiores do Frian foron ata Santiago de Compostela á exposición de FP Innova. 

Moita xente! Pero pasámolo ben!

VISITA DO 1º CICLO AO MUSEO MARCO 2023

 
O alumnado do 1ro ciclo realizamos unha visita guiada no Museo Marco sobre a exposición: "Laxeiro e a arte da súa época". 
Vimos a exposición e participamos nun obradoiro, no que experimentamos con distintas texturas: papel vexetal, lixa, cartulina e cartón e empregamos distintas técnicas: lapis, ceras, acuarela e pintura de dedos con pincel gordo, creando cada un as súas propias obras de arte, experimentando sentimentos de ledicia, relaxación e satisfación persoal. 
Foi unha experiencia lúdica e cultural, na que grazas as nosas guías gozamos ao máximo. 
Parabéns ao Museo Marco e as guías,  pola organización destas actividades, dar a coñecer e experimentar coa arte.
 
 

"VIGOHISTORIA". A RECONQUISTA

Hoxe participamos nas xornadas educativas do Concello de Vigo sobre a Reconquista. 

Distribuir contido


by Dr. Radut